Son Funcionario de Carreira do Corpo de Mestres cas especialidades en Educación Primaria, Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.
Neste momento desenvolvo e meu traballo como mestre especialista de audición e linguaxe en dous centros da provincia de Lugo: O CEIP Veleiro Docampo e o CEIP Ramón Falcón.
Dadas as circunstancias actuais, derivadas deste momento especialmente particular debido ó Covid 19, a través deste blog, intentaremos chegar ás comunidades educativas destes centros, para incidir na coordinación e colaboración necesaria para o desenvolvemento das diferentes intervencións establecidas nos distintos documentos de centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario