O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 5 de maio de 2023

Lectoescritura

A adquisición da lectura e a escritura, son procesos que se aprenden de forma dinámica e construtiva. Ambos os procesos requiren ter adquiridas certas habilidades psicolóxicas básicas, así como destrezas cognitivas e unha adecuada construción do pensamento: como son a observación reflexiva, a identificación, a comparación, resolución de problemas, a análise, a xeneralización, habilidades motrices concretas, a formulación de hipótese e regras, a clasificación. Así é como aprenden os nenos e as nenas para ler e escribir.
 
 Alfabeto con Mono Japi

Ruta Maya Alfabeto

 

Conceptos Básicos

Os xogos de conceptos básicos para nenos e nenas en idades temperás, permitiranlles adquirir competencias e ampliar conceptos primordiais para o día a día. Os xogos de habilidades reforzan de maneira positiva a aprendizaxe diaria e reforzan as habilidades que terán que empregar no colexio. Mentres se divirten cos xogos de habilidade en liña, poderán gozar de diversas alternativas de xogos de conceptos básicos adaptadas á súa idade e necesidades.