A maioría das persoas con autismo fan uso dun sistema de comunicación baseado en pictogramas, tanto para comprender a contorna á súa ao redor, como para estruturar espazo ou o seu tempo a través de paneis ou dunha axenda de actividades, e tamén para comunicarse cos demais, sinalándoos para pedir algo.
Consciente desta necesidade, a Fundación Orange desenvolveu DictaPicto, unha app que permite pasar unha mensaxe de voz ou escrito a imaxes de forma inmediata.
Pensada para axudar ás persoas con autismo ou a aquelas que usan sistemas pictográficos para mellorar a súa comunicación, o seu obxectivo é mellorar o acceso á información e facilitar a comprensión da contorna con independencia de que as persoas que rodean á persoa con TEA coñezan estes sistemas de comunicación aumentativos e alternativos.
A tradución de voz a pictogramas prodúcese de forma automática a partir dunha frase falada do usuario; converténdoa inicialmente en texto e, de aí, nos pictogramas/imaxes que representan as palabras.