Historia social para anticipar aos nenos e ás nenas a saída para pasear a rúa. Esta anticipación preséntase con frases moi sinxelas para facelas comprensibles ao alumnado en xeral, e en particular para o alumnado TEA.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
luns, 4 de maio de 2020
Actividades de lectura e escritura
Material composto por unha lectura na que se fala sobre a primavera, as flores, as plantas, os animais, as cores, etc. e un documento para copiar as frases lidas na lectura.
Para os primeiros cursos de educación primaria.
Actividade de escritura. Pica aquí
Actividade de lectura. Pica aquí
Material para traballar a lectoescritura sobre o centro de interese da primavera
Xogo de atención, memoria, léxico
Presentación interactiva para xogar ao Vexo-vexo na que se presentan distintas láminas con diferentes pictogramas e deben atoparse os que empezan pola letra proposta.
A través deste material, podemos traballar a atención, memoria, conciencia fonémica e aprendizaxe de novo léxico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)