O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 7 de outubro de 2020

Comprensión lectora

A comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le, atendendo á comprensión global do texto e tamén á comprensión das palabras.

Cando lemos activamos a capacidade de comprender, é dicir aprender as ideas relevantes dun texto e relacionalas cos conceptos que xa teñen un significado para o lector.

O texto escrito hoxe en día, alcanzou unha enorme importancia (prensa, anuncios, mensaxes instantáneas, contorna laboral, etc.), nalgúns casos concretos chega a desprazar á linguaxe oral, como ocorre cos novos  smartphones e todas as súas utilidades de mensaxería.

Clica para entrar na web de mundoprimaria e acceder aos diferentes textos agrupados por niveis.