O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 5 de outubro de 2020

Inferencias

O documento conta con 9 tarxetas onde se expón unha situación e tras isto, realízase unha pregunta para que o alumnado detecte información non implícita, todo iso acompañado, como sempre, de apoios visuais para facilitar a comprensión da actividade, así como para asegurar a aprendizaxe sen erro, elemento que favorecerá a motivación de fronte á aprendizaxe, así como o autoestima e  autoconcepto do/a alumno/a.

Así, estamos a traballar contidos como:

  • Inferencias
  • Comprensión lectora
  • Expresión oral e/ou escrita
  • Percepción visual




Abecedario de outono (castelán)

En maiúscula, minúscula e  script. Trata os alimentos, animais e eventos máis significativos do outono.

Perfecto para o recoñecemento da grafía e a súa  fonología, discriminación de maiúscula/minúscula e aprender o abecedario de forma diferente a través do Outono.

Clica para descargar 



A ratiña fachendosa

Partindo da motivación que suscita o mundo dos contos, e axudándonos de  pictogramas, podemos axudar ás persoas para comprender mellor a súa contorna así como estimular e exercitar todos os aspectos relacionados coa linguaxe.

Preme aquí 

Todos os proxectos desenvolvidos con  pictogramas  ARASAAC, son propiedade do Gobierno de Aragón  baixo licenza Creative Commons ( BY- NC-SA) e foron creados por Sergio  Palao, autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autor e compártanse baixo a mesma licenza.

CUENTO: LA RATITA PRESUMIDA
Autoras: Marta López Viso, Ruth Rodríguez Pérez, María Yáñez Calviño
S.P. “CUENTOS CON PICTOGRAMAS”