O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 25 de novembro de 2022

Ditongos e hiatos


Diptongos e hiatos

BocaSONa

Hoxe recibimos a "bocaSONa" que nos acompañará nesta andaina na nosa aula de audición e linguaxe. 

 

A nosa amiga bocaSONa é unha excelente ferramenta para ensinar a anatomía do mecanismo oral ou a colocación dos articuladores para producir sons do fala. 

Os nosos alumnos e alumnas disfrutarán movendo a boca e a lingua de gran tamaño mentres aprenden as partes da boca e como coidar adecuadamente os seus dentes, lingua e enxivas.


 

mércores, 16 de novembro de 2022

Posibles causas dun desfase da linguaxe oral

 

    Posibles causas dun desfase da linguaxe nun neno ou nena:

  1. Podería ser debido a un problema auditivo, por iso é necesario descartar esta posibilidade. Hoxe en día xa se realiza unha proba auditiva aos poucos días do nacemento, na cal se poden detectar posibles alteracións na audición. Inda así, si observamos que non atende ao nome cando non está de cara, non se xira ou reacciona ante un ruído próximo... podería ser indicio dalgún tipo de perda auditiva.

  2. A existencia dun desfase da linguaxe e tamén no ámbito neurolóxico e psicomotor. Se existe un desfase no neurodesenvolvemento, entón verase afectado con case total probabilidade a linguaxe oral.

  3. Uso excesivo de pantallas ben sexan de móbil, tabletas, ordenadores... Fan que poida darse un desfase da linguaxe debido a que non se estimulan as conexións da linguaxe nin da socialización (non hai retroalimentación). Os estudos recentes dinnos que non debemos dar estes aparellos @s nen@s menores de 3 anos.

  4. Inicio tardío da linguaxe debido a trastornos da linguaxe. Pode darse un nivel de desenvolvemento normal, sen problemas auditivos, con intención comunicativa... pero que non son quen de falar. Atoparémonos con diferentes tipos: desde os falantes tardíos que cunha intervención temperá acadarán a linguaxe oral axiña, a aqueles que teñen un trastorno da linguaxe (TEL).

  5. Relacionado co TEA. Que un neno ou nena non fale, non é sinónimo de ter un trastorno do espectro do autismo. Lembremos que o TEA ten dúas características básicas: falta de interacción social (non ten interese en comunicarse cos demais, non ten xogo social, nin mira cando o chamas, non te mira ós ollos...) e intereses restrinxidos e condutas estereotipadas e repetitivas.

Sílabas trabadas

 

 


luns, 7 de novembro de 2022

Xogamos coas sílabas

Xogo de separar en sílabas as palabras dos debuxos que van aparecendo. Trátase dun ditado de sílabas para nenos, para xogar en liña. Concatena sílabas no panal cheo de sílabas, e completa a palabra para que apareza outro obxecto que tes que separar en sílabas. 
 
 
Wordle para nen@s en liña é o xogo de adiviñar a palabra de 5 letras que aparece na pantalla. Proba diferentes combinacións para saber se a letra está na palabra pero noutro lugar (cor amarela) ou se a letra está e é o seu lugar correcto (cor verde). Usa o teclado en pantalla ou o do teu ordenador, e usa a tecla intro para probar unha nova combinación e obter pistas. Adiviña a palabra neste wordle para nenos con palabras como feliz, cómic, praia, mozo, peite, carne, rato ou amigo.