E hoxo invítovos a ver este curto. Non poderedes evitar emocionarvos con esta curtametraxe animada e gañadora do Óscar 2020. Unha emotiva historia onde un pai aprende como axudar á súa pequena filla.
Diversidade e aceptación, iso é o que ensina a obra creada polo director e escritor, Matthew A. Cherry. A curtametraxe “ Hair Love”, cunha duración de menos de sete minutos, mostra como Zuri –unha nena coa cabeza chea de rizos naturais– debe recorrer ás mans inexpertas do seu pai, Stephen, para obter axuda.
Un relato cargado de tenrura e sensibilidade que, aínda que parece sinxelo a primeira ollada, pon como protagonistas dous elementos inspiradores: unha nena afroamericana que ama o seu cabelo alborotado e unha familia onde o pai é unha luz positiva no coidado.