Sinfón, ou sinfóns, é o termo que usamos para referirnos aos fonemas (“sons”) que se corresponden con dúas consoantes seguidas ao comezo dunha sílaba. Por exemplo a “TR” de TRES, ou BL de BLOGUE. Cando estamos a falar da súa escritura, referímonos a estas sílabas como sílabas trabadas, pero na súa pronuncia, ao falar, o son que temos que articular, chamámolo sinfón. Por iso, cando na escola che digan que non articula correctamente os sinfóns, é algo que ti xa sabías.
Que pasa se me din que o meu fillo ou filla non articula ben os sinfóns?
Non hai que asustarse, nin moito menos. No proceso normal de adquisición da linguaxe, aprender a dicir este tipo de sons adoita estar ao final, moitas veces só antes de /r/ forte. Hai nen@s que o din antes, ou que xa din "torre", pero non TREN. En calquera caso non hai que preocuparse polos problemas na articulación de sinfóns. Sinxelamente, a partir de certa idade (4-5 anos), convén observalos para decidir se hai que intervir, porque sí é certo que ás veces necesitan un apoio para conseguilo.