Cando falamos de "disglosia" falamos dun trastorno da articulación por lesións físicas ou malformacións dos órganos articulatorios periféricos.
As causas poden ser diversas: malformacións conxénitas craneofaciales, os trastornos do crecemento, os traumatismos, as parálises periféricas, as anomalías adquiridas debido a lesións na estrutura orofacial ou de extirpacións cirúrxicas.
A intervención que realizaremos os/as mestres/as especialistas en Audición e Linguaxe (AL) co alumnado que presenta beizo leporino ten como finalidade: favorecer o desenvolvemento adecuado da fala, a comunicación e a linguaxe, minimizando as posibles dificultades articulatorias e funcionais derivadas desta malformación conxénita.
1. Valoración inicial
Antes de iniciar a intervención, é necesario realizar unha avaliación de:
- Competencias comunicativas e lingüísticas.
- Desenvolvemento fonolóxico e articulatorio.
- Intelixibilidade da fala.
- Respiración e coordinación fono-respiratoria.
- Movilidad e funcionalidade dos órganos bucofonadores.
- Posibles alteracións de resonancia (hipernasalidade).
- Repercusión das dificultades no ámbito escolar e social.
Así mesmo, recollerase información da familia e dos profesionais sanitarios que interveñan no caso (cirurxián maxilofacial, odontólogo, logopeda clínico, etc.) recollida no informe psicopedagóxico.
2. Obxectivos de intervención
Obxectivo xeneral
- Favorecer unha comunicación oral eficaz mediante a mellora da articulación, a respiración, a funcionalidade orofacial e a intelixibilidade da fala.
Obxectivos específicos
Área respiratoria
- Adquirir un patrón respiratorio adecuado.
- Mellorar o control da espiración durante a fala.
- Coordinar respiración e emisión verbal.
- Área praxias e motricidade orofacial
- Incrementar a mobilidade e tonicidade labial.
- Mellorar a coordinación de beizos, lingua e mandíbula.
- Favorecer o peche labial funcional.
Área articulatoria
- Corrixir erros articulatorios asociados ao beizo leporino.
- Favorecer a correcta emisión de fonemas bilabiais (/p/, /b/, /m/).
- Xeneralizar as producións correctas á linguaxe espontánea.
Área de resonancia e voz
- Reducir posibles emisións nasais inadecuadas.
- Mellorar a calidade vocal e a intelixibilidade.
- Toma de conciencia do fluxo aéreo nasal.
- Produción de sons aéreos de alta presión.
- Actividades de contraste oral-nasal.
Área comunicativa e lingüística
- Potenciar a expresión oral.
- Favorecer a participación en situacións comunicativas escolares.
- Mellorar a autoestima e a confianza comunicativa.
3. Contidos
Respiración e sopro
- Respiración custo-diafragmática.
- Control do sopro.
- Intensidade e dirección do aire.
Motricidade orofacial
- Exercicios de mobilidade labial.
- Discriminación de posicións articulatorias.
- Coordinación de órganos fonoarticulatorios.
Articulación
- Produción illada de fonemas.
- Produción en sílabas, palabras e frases.
- Automatización e xeneralización.
- Especial atención a fonemas de presión oral: /p//b//t//d//k//g//f//s//ch/
Discriminación auditiva
- Identificación de sons correctos e incorrectos.
- Diferenciación fonémica.
- Autocorrección.
Linguaxe oral
- Vocabulario.
- Estruturación de oracións.
- Narración e conversación.
4. Actividades
Exercicios de respiración e sopro
- Inflar globos.
- Soprar pompas de xabón.
- Carreiras de bólas de algodón.
- Apagar velas a distintas distancias.
Praxias bucofaciales
- Sorriso amplo e sorriso pechado.
- Bicos esaxerados.
- Alternar sorriso-bico.
- Manter obxectos lixeiros entre os beizos.
- Movementos dirixidos de lingua e mandíbula.
Intervención articulatoria
- Repetición de sílabas directas: pa-pe-pi-po-pu.
- Denominación de imaxes con fonemas traballados.
- Xogos de conciencia fonolóxica.
- Lectura ou repetición de frases curtas.
Actividades comunicativas
- Descrición de imaxes.
- Xogos de rol.
- Asembleas de aula.
- Narración de experiencias privados.
5. Metodoloxía
A intervención será:
- Individualizada e adaptada ás necesidades do alumno.
- Funcional e contextualizada.
- Motivadora e baseada no xogo.
- Coordinada coa familia e o resto de profesionais.
- Inclusiva, favorecendo a participación na aula ordinaria.
Utilizaranse materiais visuais, xogos lingüísticos, espellos, recursos dixitais e reforzo positivo continuo.
6. Temporalización
- Sesións de 2 a 3 veces por semana.
- Duración aproximada: 25 minutos por sesión.
7. Coordinación coa familia e o centro
Estableceranse actuacións conxuntas para:
- Facilitar a xeneralización das aprendizaxes.
- Proporcionar pautas de estimulación en casa.
- Realizar o seguimento da evolución.
- Coordinar actuacións con titores, orientador e persoal sanitario.
- Favorecer un clima de aceptación e respecto.
- Non corrixir constantemente diante do grupo.
- Reforzar os intentos comunicativos.
- Facilitar quendas de palabra.
- Coordinarse periodicamente co/a especialista en Audición e Linguaxe.
9. Criterios de avaliación
- Mellora do peche labial e a mobilidade orofacial.
- Aumento da precisión articulatoria.
- Diminución de erros fonéticos e fonolóxicos.
- Maior intelixibilidade da fala.
- Participación activa en situacións comunicativas.
- Xeneralización das aprendizaxes ao contexto escolar e familiar.
