O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 7 de outubro de 2021

Praxias (exercicios isotónicos da lingua)

Unha ferramenta para o tratamento das alteracións na zona orafacial son os exercicios que traballan a forza, o ton, a resistencia e a mobilidade muscular de forma activa, tamén coñecidos como praxias orofaciales.

Os exercicios de motricidade  orofacial son aqueles que implican movemento voluntario dos órganos  buco-fonadores.  McCauley (2009) defíneos como “actividades non verbais que implican estimulación sensorial ou accións de beizos, mandíbula, lingua, padal brando,[…] que pretenden influír nas bases fisiolóxicas do mecanismo  orofaríngeo para mellorar as súas funcións”.

Para continuar cremos que é fundamental entender o concepto de forza muscular e dentro desta, do ton muscular e a resistencia.

A forza é a “capacidade dun músculo de producir a tensión necesaria para iniciar o movemento, controlalo ou manter unha postura, ou tamén, a resistencia máxima que este pode exercer”.      (H.  Bascuñana, e.  Renau,  c. Abril,  J.M. Puig e  J. J. Aguilar).

 O ton muscular é a contracción parcial, pasiva e continua dos músculos en estado de repouso. Por último, describiremos a resistencia muscular como a capacidade de levantar, empuxar ou tirar dun peso establecido por un período de tempo prolongado.