Non é posible entender a aprendizaxe sen a lectura. A comprensión lectora do alumnado é un piar básico na súa aprendizaxe, unha base sen a cal atopará enormes dificultades para desenvolver a súa aprendizaxe normal en todas as áreas curriculares da educación primaria.