O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 26 de xuño de 2026

Benvida ao verán

Despois dun curso cheo de retos, descubrimentos e momentos compartidos, chega o verán coa súa luz, a súa calma e a súa promesa de novas aventuras. 

Foi un ano no que, desde o departamento de audición e linguaxe, crecemos xunt@s, aprendendo a comunicarnos mellor, a expresar o que sentimos e a desfrutar do proceso de "aprender xogando".

Cada sesión foi un espazo de respecto, empatía e alegría, onde cada logro acadado brillou como un gran triunfo. 

Vós puxestes o esforzo, a ilusión e as ganas; eu só acompañei o camiño.

Agora toca descansar  e deixar que o verán nos encha de enerxía. 

Que estes meses estean repletos de xogos, risos, descubrimentos e momentos que alimenten o corazón.


Grazas por todo.

Grazas por confiar.

Grazas por aprender comigo.


Feliz verán!!













martes, 23 de xuño de 2026

PAUTAS PARA O VERÁN

XOGOS XERAIS PARA FORTALECER A BOCA D@S VOS@S FILL@S

En idades temperás a boca necesita forza e axilidade para falar ben, comer correctamente e respirar polo nariz. Propoñovos xogos de 5 minutos ao día. Non son deberes, son intres divertidos:

1. Xogo do lagarto

Sacar e esconder a lingua 10 veces, coma se fose un lagarto. Axuda a pronunciar a “r”, “l”, “d”.

2. O semáforo da boca

Vermello = beizos apertados. Amarelo = boca entreaberta. Verde = sorriso grande. Cambiar decor e aguantar 3 segundos.

3. Soprar, soprar e soprar

Facer pompas de xabón, tocar o pito, mover unha pluma soprando. 5 minutos. Mellora o sopropara falar con claridade.

4. Limpar o prato coa lingua

Untar un pouco de iogur ou chocolate ao redor da boca e que o limpe só coa lingua, sen usar asmans nin pano de mesa.

5. Cara de hámster

Inflar as dúas fazulas con aire, aguantar 3 segundos e soltar o aire amodo. Logo só a fazula dereita, daquela a esquerda.

6. Comer como os maiores

Ofrecede mazá, cenoria crúa, pan de cortiza. Mastigar ben fortalece a mandíbula. Evitade que

todo sexa brando.

7. O zoo da boca

Imitar sons de animais:

Vaca = “muuu” con beizos redondos.

Serpe = “ssss” con dentes xuntos.

León = “grrrr” sacando a lingua.

8. Beber con pajita gorda

Usar pajitas anchas para batidos ou iogur. Chupar forte é un gran exercicio para toda a boca.

9. Guerra de acenos fronte ao espello

Facer caras raras: poñer cara de bico, de enfadado, de sorpresa. Rirse xuntos.

10. Boca pechada, nariz aberto

Lembrade ao voso fillo que en repouso a boca debe estar pechada e respirar polo nariz. Un aceno discreto vale máis que un “pecha a boca”.

lingua é clave para falar claro, comer ben e ata respirar mellor. Imos xogar con ella.

(XOGOS ESPECÍFICOS)

1. A lingua fóra, a lingua dentro 🦎

Saca a lingua o máis lonxe que poidas, logo métea. 10 veces

2. Limeros, limeros

Lime coa punta da lingua o padal, de adiante cara atrás. 5 veces.

️ 3. O reloxo ️

Coa lingua, toca os dentes de arriba, daquela os de abaixo, daquela os da dereita, daquela os da esquerda. Feixe un círculo

4. A culler

Pon un pouco de iogur ou chocolate nos beizos, fazulas, queixo. Límplalo só coa lingua!

5. Sons de animais

Imita coa lingua:

- "T-t-t" (paxaro)

- "D-d-d" (cabalo)

- "L-l-l" (león)

6. O botón

Toca coa punta da lingua un botón imaxinario no padal. 10 veces.

7. A onda

Move a lingua de lado a lado, como unha onda. 5 veces.

8. O bico

Feixe un bico coa lingua e pégao no padal. 5 veces.

9. O cepillo

Cepilla os dentes de arriba e de abaixo coa lingua. 5 veces.

10. A carreira

Move a lingua o máis rápido que poidas dun lado a outro. Conta ata 10!

Lembrade!

- Facédeos divertidos

- 5-10 minutos ao día

luns, 8 de xuño de 2026

O papel da linguaxe na aprendizaxe escolar

A linguaxe é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento académico e social dos nenos e das nenas. A través del, poden comprender información, expresar ideas, organizar o seu pensamento e, en xeral, aprender. Non se trata só de falar: a linguaxe estrutura o xeito en que interpretamos o mundo e nos relacionámos cas demais.

No ámbito escolar, a linguaxe inflúe directamente en áreas crave. Na lectura, permite entender textos, identificar ideas principais e ampliar o vocabulario. Nas matemáticas, facilita a comprensión de problemas, conceptos e secuencias. Ademais, está estreitamente relacionado coa atención e o pensamento, xa que axuda a planificar, organizar ideas, controlar impulsos e resolver problemas.

A linguaxe tamén é esencial para a socialización. Grazas a el, os nenos e as nenas poden facer amigos e amigas, expresar emocións, participar en xogos e resolver conflitos. Por iso, cando existen dificultades lingüísticas, poden aparecer sinais de alerta como problemas para comprender instrucións, vocabulario limitado, dificultades para contar experiencias, problemas para aprender letras ou sons, ou evitar participar en clase.

Tanto na casa como na escola é posible apoiar o desenvolvemento da linguaxe. No fogar, actividades como ler contos diariamente, conversar, facer preguntas abertas, xogar con rimas ou limitar o uso excesivo de pantallas resultan moi beneficiosas. Na contorna escolar, é útil ofrecer instrucións claras e visuais, repetir información, fomentar a participación oral e traballar a comprensión de consignas.

Desde unha perspectiva neuroeducativa, a aprendizaxe xorde da interacción entre diversas funcións cerebrais: linguaxe, memoria, atención, emoción e funcións executivas. Por iso, fortalecer a linguaxe contribúe directamente ao desenvolvemento do pensamento, a memoria e o rendemento académico do noso alumnado.