O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
Amosando publicacións coa etiqueta Habilidades Sociais_Emocións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Habilidades Sociais_Emocións. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de xaneiro de 2026

A importancia do xogo

Xogar non é lecer. É arquitectura cerebral. 

Debemos de esquecernos  da idea de que xogar é "perder o tempo". Para o cerebro infantil, o xogo é o traballo máis serio que existe. É o seu idioma natural e a ferramenta principal para construír a intelixencia.

Cando un neno ou unha nena xoga, non só se divírte; está a acender a súa cortiza prefrontal. Está a deseñar o seu centro de mando.

O ximnasio das Funcións Executivas:

O xogo é o adestramento de alto rendemento onde se desenvolven as habilidades que definen o éxito na vida adulta:

1. Control Inhibitorio: Aprender a esperar unha quenda ou a non derrubar a torre d@ outr@. É a base da autodisciplina.

2. Memoria de Traballo: Reter regras e obxectivos mentres se executa unha acción. É a capacidade de enfoque.

3. Flexibilidade Cognitiva: Cambiar de estratexia cando o plan inicial falla. É a esencia da resolución de problemas.

4. Interacción entre persoas: O xogo é unha das formas máis naturais de interacción social. Aprenden a comunicarse mellor a través do xogo, xa que nel practícanse normas, roles e regras sociais.

5. Desenvolvemento da linguaxe: Nos primeiros anos de vida, o xogo é fundamental para o desenvolvemento lingüístico. Non só aprenden vocabulario, senón tamén a usalo de maneira contextual para expresar desexos, emocións ou intencións.


A ciencia é clara:

O xogo activa a liberación de dopamina e BDNF (factor neurotrófico derivado do cerebro). Isto non é "teoría pedagóxica", é combustible biolóxico que fortalece as conexións neuronais e facilita a aprendizaxe a longo prazo.

A mensaxe é curto e directo:

Se queremos persoas adultas con criterio, capacidade de decisión e equilibrio emocional, aproveitemos os seus xogos.

É o único momento onde o cerebro está a operar á súa máxima capacidade creativa.

O xogo é o idioma do cerebro infantil. Aprende a falalo.

sábado, 29 de novembro de 2025

Bloques de LEGO e comunicación

Os bloques de LEGO estimulan a creatividade desde o punto de vista da comunicación infantil: expresión oral, interacción, linguaxe e habilidades comunicativas.

1. Linguaxe descritiva e expresiva

Cando os nenos e as nenas constrúen con LEGO, adoitan explicar o que están a facer, que representa cada peza ou montaxe, como funcionará a súa creación Isto anímalles a usar vocabulario habitual ou novo, a describir procesos e a explicar ideas abstractas de maneira clara.

2. Argumentación e toma de decisións

Cando traballan en parellas ou grupos, deben xustificar por que queren usar certa peza; como imaxinan a estrutura que están elaborando; que función terá cada elemento... Deste xeito desenvolven habilidades de argumentación, negociación e consenso, moi valiosas para a súa comunicación interpersoal.

3. Creatividade narrativa

As construcións adoitan ir acompañadas de historias creadas por eles/as mesmos/as. Este xogo simbólico estimula a creación de relatos, enriquece a linguaxe narrativa (inicio, nó, desenlace), favorece o seu desenvolvemento oral e a lóxica ao contar historias...

4. Escoita activa e quendas de palabra (sempre baixo a supervisión e moderación do/a docente)

En actividades grupais, LEGO de xeito natural obriga a escoitar as ideas doutros/as, a respectar quendas para falar, comprender as mensaxes, acordar quen fai que, cooperar... Indubidablemente é unha contorna real de traballo colaborativo que fortalece a comunicación social.

5. Expresión emocional

As construcións reflicten diferentes emocións: medo, alegría, curiosidade, seguridade... E ao falar delas, os nenos e as nenas expresan os seus sentimentos, relacionan as súas emocións coas experiencias, desenvolven unha linguaxe emocional máis elaborada e rica.

6. Comunicación total:

Os nenos e as nenas nestes intres de xogo combinan: palabras, xestos, sinais, sons, movementos... Así desenvolven unha comunicación máis completa, integrando fórmulas de linguaxe verbal e non verbal.

7. Desenvolvemento da comunicación científica e técnica.

Sen darse conta, practican: Explicar procedementos (“primeiro poño esta base...”); describir causas e efectos (“se quito esta peza, cae”); usar vocabulario espacial e técnico básico.

8. Desenvolvemento cognitivo.

Cos LEGO trabállanse moitas funcións cognitivas de forma práctica se necesidade de materias complexos.

  • Atención e concentración.
  • Planificación (que vou o imos construír).
  • Resolución de problemas.
  • Memoria de traballo.
  • Razoamento espacial.

9. Exemplos de actividades

  • Construír emocións: “faremos unha figura que represente alegría, tristeza, enfado...”
  • Historias con figuras: creamos unha escena e contamos o que ocorre.
  • Copiar un modelo: favorece atención e percepción visual.
  • Retos STEAM sinxelos: construír unha ponte, unha casa, un vehículo.


Se falamos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) os bloques de LEGO son un recurso moi útil para traballar con eles/as porque se adaptan a distintos ritmos, e estilos de aprendizaxe, favorecen a motivación e permitenlles aprender a través da manipulación e a experiencia directa. Favorecerán a:

1. Motivación e participación

O alumnado con NEAE adoita responder moi ben a materiais manipulativos e visuais. Deste xeito, LEGO:
  • Atrae a súa atención.
  • Convídalles a explorar e construír.
  • Reduce a ansiedade ante tarefas máis “curriculares”.
  • Esta motivación é a porta de entrada para a aprendizaxe.

2. Desenvolvemento da comunicación

LEGO favorece a comunicación tanto verbal como non verbal:
  • Describen o que constrúen.
  • Piden pezas.
  • Explican e crean historias.
  • Negocian roles en actividades compartidas.
Para alumnado con dificultades de linguaxe ou de interacción social (como TEA), cas pezas de  LEGO poden desenvolver unha forma natural e estruturada de comunicarse.

3. Traballo de habilidades sociais

En actividades cooperativas podemos asignar roles (construtor/a, enxeñeiro/a...). Isto axudalles a:
  • Respectar quendas.
  • Escoitar ao compañeiro.
  • Seguir normas claras.
  • Resolver pequenos conflitos.É moi eficaz en alumnado con dificultades sociais.

4. Regulación emocional

É especialmente útil para o alumnado con TDAH, o alumnado con dificultades de autorregulación ou alta frustración, xa que lles permite:
Construír ten un efecto calmanteRepetir patróns reduce a ansiedade.Manipular pezas axuda a concentrarse.O éxito de construír algo lles dá seguridade e autoestima

5. Inclusión na aula

LEGO crea un espazo onde todo o alumnado pode participar, independentemente do seu nivel curricular permitíndolles:
  • Adaptar a dificultade facilmente.
  • Que cada alumno/a achegue desde as súas capacidades.
  • Actividades que non estigmatizan, porque todos gozan do xogo.
  • Isto favorece a convivencia e a igualdade.

6. Adaptacións posibles para o alumnado con NEAE xa que se poden usar:
  • Pezas máis grandes (LEGO Duplo).
  • Modelos con pasos visuais moi claros.
  • Construcións libres sen instrucións.
  • Actividades de imitación (copiar unha estrutura simple).
  • Apoios visuais para pedir pezas ou expresar ideas.
  • Roles definidos en actividades grupais.




mércores, 29 de outubro de 2025

Altas capacidades relacionadas coa comunicación e outros

As altas capacidades relacionadas coa comunicación e as emocións refírense a un conxunto de habilidades avanzadas ou excepcionais no ámbito socioemocional e comunicativo, que van máis aló do esperado para a idade ou o contexto do noso alumnado. Estas capacidades non sempre van ligadas a un alto coeficiente intelectual, pero si a unha gran sensibilidade, empatía e competencia interpersoal.

Altas capacidades comunicativas 

 
Implican un dominio excepcional da linguaxe, tanto verbal como non verbal. Algunhas características son:

  • Amplo vocabulario e uso preciso da linguaxe desde idades temperás.
  • Capacidade para argumentar, debater e persuadir con coherencia e empatía.
  • Comprensión profunda de matices, ironías e metáforas.
  • Facilidade para adaptarse a distintos interlocutores e contextos comunicativos.
  • Creatividade narrativa: gozan inventando historias, dramatizando ou escribindo.
  • Escoita activa e reformulación: captan a intención e o ton emocional do outro.
Altas capacidades emocionais ou afectivas

Estas céntranse na intelixencia emocional avanzada, é dicir, unha comprensión e xestión profunda das propias emocións e as alleas. 

Obsérvanse en:

  • Empatía elevada, mesmo cara a animais, causas sociais ou persoas descoñecidas.
  • Percepción aguda de estados emocionais (propios e alleos).
  • Profundidade emocional: viven as emocións con gran intensidade e reflexión.
  • Sentido moral ou ético moi desenvolto desde idades temperás.
  • Capacidade de liderado empático, baseado na cooperación máis que na imposición.
  • Necesidade de autenticidade e coherencia emocional nas relacións.

Integración de ambas as dimensións
Cando se combinan as altas capacidades comunicativas e emocionais, adoitan aparecer perfís con gran potencial en:

  • Mediación e resolución de conflitos.
  • Orientación ou acompañamento emocional (por exemplo, en psicoloxía, educación ou traballo social).
  • Expresión artística ou literaria con profundidade emocional.
  • Capacidade para inspirar, motivar ou guiar a outros.
 
IMPORTANTE

Posibles desafíos
Aínda que son fortalezas, tamén poden xerar dificultades se non se xestionan adecuadamente:

  • Sobrecarga emocional ou hipersensibilidade.
  • Frustración ante a falta de reciprocidade emocional.
  • Dificultades sociais se os demais non comprenden a súa profundidade emocional ou comunicativa.
  • Autoexigencia ou perfeccionismo na expresión ou nas relacións.
Quixera pararme nestes desafíos que fan que ás veces o noso alumnado poida ter problemas na comunicación dos seus sentimentos, das súas emocións.. Os problemas emocionais máis comúns son:
  • Sobrecarga emocional ou hipersensibilidade
- Perciben e senten as emocións (propias ou alleas) con moita intensidade.
- Poden sentirse desbordados/as por situacións que outros/as consideran menores.
- É común o esgotamento emocional ou o bloqueo.
  • Ansiedade ou preocupación excesiva
- Tendencia a anticipar consecuencias negativas ou a sobre-pensar.
- Poden sentir medo a fallar ou a decepcionar aos demais (perfeccionismo emocional).
- Na escola pode derivar en estrés crónico ou somatización.
  • Baixa tolerancia á frustración
- Frústranse con facilidade ante a inxustiza, a incoherencia ou a falta de empatía doutros/as.
- Dificultade para aceptar erros ou límites persoais.
  • Desaxuste entre madurez emocional e contorna
- Poden ter unha comprensión emocional moi profunda, pero non sempre saben regular o que senten.
- Se a contorna non valida as súas emocións, poden sentirse incomprendidos/as, solitarios/as ou rexeitados/as.
  • Autoexigencia e culpa
- Impóñense estándares emocionais moi altos (“debería ser máis forte”, “non debería sentir isto”).
- Tenden a culparse por conflitos interpersoais ou por non axudar o suficiente.
 
 Esto conleva a unha expresión emocional inadecuada e desaxustada:
  • Reaccións desproporcionadas: (choro, ira, evasión)
  • Inhibición emocional: evitan expresar os seus sentimentos, o que sinten por medo a ser xulgados/as, ao rechazo social.
  • Dificultade para modular o ton, o ritmo e a intensidade da comunicación segundo o contexto,

mércores, 15 de maio de 2024

O xogo de Simón

O xogo de Simón é un excelente xogo de memoria para adestrar e exercitar a súa memoria. Unha práctica regular, permite mellorar a túa memoria mentres que divertirse. É un excelente e famoso xogo de memoria. A serie de teclas iluminadas xérase aleatoriamente, por iso o xogo é infinito e podes xogar tantas veces como queiras.



luns, 19 de febreiro de 2024

A estimulación cognitiva

A estimulación cognitiva podemos realizala a través de distintos xogos, exercicios ou prácticas cotiás, por exemplo:

  •     A lectura
  •     Realizar actividades motoras
  •     Facer exercicio
  •     Estimular a memoria
  •     Estimular a atención
  •     Contar historias e contos 

Neste apartado quixera destacar: 

1.- A atención é un dos procesos cognitivos básicos que nos permite acceder ao coñecemento, procesar información e realizar calquera actividade. Hai distintos tipos de atención pero o importante é que a mesma pode estimularse ou ben, exercitarse.

 

 2.- A memoria pola súa banda, é a capacidade cognitiva de procesar, almacenar e recuperar a información. É de capacidade limitada e hai distintos tipo de memoria como ser a Memoria Sensorial, Memoria a curto prazo e a Memoria a longo prazo.

martes, 12 de decembro de 2023

Xogo e alumnado TEA

«O xogo é un medio educativo de indubidable importancia a través do cal os nenos/as observan, exploran e chegan a coñecerse mellor a sí mesmos e ao mundo que lles rodea, pero sobre todo o xogo infantil proporciona a oportunidade de aprender e practicar as habilidades sociais que son tan importantes para o éxito dentro da escola e a sociedade. Debido a que os nenos/as con TEA a miúdo fracasan coas súas habilidades de xogo, é prioritario que os educadores que traballan con eles sexan conscientes destas necesidades e dominen diversos métodos para ensinarllas» (García, 2003)

O xogo posibilita melloras na:

  • comunicación
  • interacción social
  • a resolución de problemas
  • aprendizaxe de regras sociais
  • o desenvolvemento da teoría da mente

Velaquí unha ferramenta útil para propor momentos de xogo de maneira visual: TEAyudo a jugar.

 Xogos causa-efecto na PDI. Aula PT 

Cetea Edicións ten 14 xogos interactivos para poder practicar situacións do día a día ou xogos entretidos como arrastrar e soltar ou quebracabezas.

 


TIPOS DE XOGO

Existen diversas formas de xogo infantil (García, Fernández e Fidalgo 2003):

  • Simbólico: Uso de obxectos coma se fosen outros.
  • Funcional: Uso de obxectos segundo a súa función.
  • Sociodramático: Implica actividades de role-playing nas que os/as nenos/as desempeñan papeis relacionados cun tema.

Cornago (2010) engade algunhas formas máis:

  • Interactivo: Xogos de compoñente motor que se realizan interactuando cun adulto.
  • Recíproco: Xogar con outra persoa intercambiando un obxecto.
  • Xogo de regras: Xogo ao que se xoga con outras persoas e no cal hai que seguir unhas regras.

Os xogos pódense desenvolver a distintos niveis, tendo en conta o número de nenos/as que participan no mesmo:

  • Xogo illado: Non require doutra persoa.
  • En parella: Cooperación con outra persoa.
  • Grupal: Cooperación entre tres ou máis persoas.
  • En equipo: Competición de dous ou máis grupos para lograr un obxectivo.

martes, 28 de novembro de 2023

Xogo e aprendizaxe

Demostrouse con varios estudos científicos que o xogo xera unha serie de accións no cerebro que repercuten en beneficio directo da aprendizaxe significativa e a saúde física e emocional das nenas e dos nenos.


O xogo é a tarefa fundamental á que debe dedicarse @ nen@ durante a súa infancia: a través do xogo desenvolve o súa cognición e aspectos sensoriais, descobre as emocións, reproduce situacións cotiás que lle permiten aprender a desenvolverse de forma adecuada no mundo que lle rodea e crea a que será a súa personalidade futura.

Que temos que ter en conta cando falamos de Estimular a linguaxe?

  • A linguaxe ten un carácter social
  • @s nen@s aprenden por imitación (modelado)
  • A aprendizaxe é máis eficaz se a experiencia resulta divertida (é dicir, se é mediante un xogo)

En resumo, o xogo favorece a aprendizaxe de todas as áreas do desenvolvemento infantil.

www.redcenit.com

www.euroinnova.edu.es

www.unicef.org

luns, 9 de outubro de 2023

Habilidades Sociais

 
Aínda que non hai un acordo claro na definición do concepto de habilidades sociais, Caballo (1986) delimita o termo como: conxunto de condutas emitidas por un individuo nun contexto interpersoal que expresa sentimentos, actitudes, desexos, opinións ou dereitos de ese individuo dun modo axeitado á situación, respectando esas condutas nos demais, e que xeralmente resolve os problemas inmediatos da situación mentres minimiza a probabilidade de futuros problemas. 
 
As dificultades que presentan as persoas con TEA nas habilidades sociais, derivan dunhas diferencias cognitivas en diversas funcións,estas poden flutuar nun continuo dende pequenas a grandes dificultades.
 
 
 
 Xogo Pasapabra das emocións  e habilidades sociais

.

venres, 29 de setembro de 2023

Habilidades Sociais

As habilidades sociais son o conxunto de estratexias de conduta e as capacidades para aplicar as devanditas condutas que nos axudan a resolver unha situación social de maneira efectiva, é dicir, aceptable para o propio suxeito e para o contexto social no que está.

luns, 13 de marzo de 2023

Habilidades sociais


A competencia social permite ao neno e á nena vivir en harmonía con quen lle rodea e gozar dunha vida emocionalmente sa. Saber relacionarse adecuadamente sen pelexar, discutir ou renderse a diario, é algo que o neno aprende na familia ou a escola mediante a imitación, ou por proba e erro. As habilidades sociais en nenos melloran o seu benestar emocional; diminúen o estrés e a ansiedade ante certas situacións sociais; e fomentan e melloran a súa autoestima.

Obxectivos de habilidades sociais a desenvolver:

  • Habilidades básicas de interacción social 
  • Habilidades conversacionais
  • Habilidades relacionadas cos sentimentos e emocións 
  • Habilidades de solución de problemas interpersoais