As persoas adoitan pensar que aprender a ler comeza con aprender a pronunciar as letras. Pero a maioría dos nenos e das nenas de idades temperáns están a prepararse para ler moito antes de entender que as letras representan sons. Empezan por adquirir unha habilidade da linguaxe chamada conciencia fonolóxica.
A conciencia fonolóxica é a base da lectura. Permite que as persoas recoñezan e utilicen os sons da linguaxe falada. Isto inclúe:
- Escoller palabras que riman.
- Contar o número de sílabas que ten unha palabra.
- Recoñecer a repetición de sons (“Tres tristes tigres tragaban trigo nun trigal”).
Os preescolares adoitan incluír este tipo de xogo da linguaxe, cancións, rimas e historias nas súas actividades diarias. Co tempo, os nenos e as nenas empezan a inventar as súas propias rimas e a separar as palabras en sílabas ou sons individuais.
A maioría dos nenos e das nenas adquiren a conciencia fonolóxica de forma natural. Con todo, ter dificultade con esta habilidade pode ser un sinal dun problema coa lectura como a dislexia. Os nenos que teñen dislexia poden necesita axuda adicional para aprender a recoñecer e usar os sons das palabras.