O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 19 de maio de 2021

Praxias (movementos orofaciais e larínxeos non verbais)

Un dos temas que máis controversia xeran cando intervimos no fala é o dos "movementos orofaciales e laríngeos non verbais" (MOL-NV), máis coñecidos como "praxias". O seu uso estendeuse durante décadas sen ser cuestionado. Actualmente contamos cunha bibliografía máis que suficiente como para empezar a expornos se estamos a intervir correctamente ao introducir as praxias dentro dos exercicios que expomos nas nosas sesións.

 
As investigacións actuais demostran que non existe relación entre uso de praxias e fala, polo que non se recomenda continuar empregando todas estas variables na nosa práctica profesional xa que estas funcións motoras  non gardan relación coa aprendizaxe do fala. 
No seu lugar, é importantísimo compartir a idea de que o factor máis importante na adquisición e desenvolvemento do fala é o estímulo auditivo, e a mellor estratexia é a interacción profesional-paciente, para axudar ás persoas coas que traballamos a percibir as particularidades do fala e comecen a tentar reproducilas.
 
Obviamente, para que isto ocorra @ nen@ co que traballemos debe ter unha adecuada capacidade auditiva, de memoria e cognitva-lingüística, así como madurez neuromuscular e neurosensorial. 
 
Hai décadas críase que as praxiass eran boas, e hoxe demóstrase que non. Quizais mañá novas investigacións as empoderen de novo, e entón haberá que retomalas.
 
Dito isto, nos consideremos que as praxias son un complemento para mellorar a movilidade orofacial.

Conciencia fonémica

A conciencia fonémica refírese á habilidade de escoitar, identificar e manipular os fonemas, que son as unidades máis pequenas dos sons que se combinan para formar palabras. 

Unha maneira na que os nenos e nenas de Educación Infantil se preparen para ler é dándose conta das palabras, rimas e  sílabas que escoitan todos os días, e xogar con elas. Isto chámase conciencia  fonológica.

Os nenos e as nenas tamén comezan a entoar os sons individuais ou  silábicos das palabras. Isto chámase conciencia fonémica. Mentres máis se desenvolvan esas habilidades de “ pre-lectura”, máis preparados e preparadas estarán para o reto de aprender a ler.