O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 19 de maio de 2021

Conciencia fonémica

A conciencia fonémica refírese á habilidade de escoitar, identificar e manipular os fonemas, que son as unidades máis pequenas dos sons que se combinan para formar palabras. 

Unha maneira na que os nenos e nenas de Educación Infantil se preparen para ler é dándose conta das palabras, rimas e  sílabas que escoitan todos os días, e xogar con elas. Isto chámase conciencia  fonológica.

Os nenos e as nenas tamén comezan a entoar os sons individuais ou  silábicos das palabras. Isto chámase conciencia fonémica. Mentres máis se desenvolvan esas habilidades de “ pre-lectura”, máis preparados e preparadas estarán para o reto de aprender a ler.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario