O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 25 de maio de 2020

Aventura pirata

Presentación interactiva para traballar a asociación da imaxe real co  pictograma diferentes pezas de vestir que temos que colocar no  tendedeiro. 

Unha forma moi divertida de traballar a atención, a discriminación visual, a asociación imaxe- pictograma e a aprendizaxe de vocabulario.

Preme aquí para entrar


Xogamos ás descricións cos oficios

Material para traballar as descricións cos oficios identificando cal é o oficio, onde traballa e que ferramentas utiliza.

Pica aquí para descargar


Adiviñas para nenos. Xogo de estimulación lingüística

Na canle de Eugenia Romero atopamos estas adiviñas para nenos e nenas. É un xogo de estimulación lingüística onde se pode traballar a comprensión a través de preguntas como quen?, que? e cal? ademais de ampliar o vocabulario  través de categorías  semánticas como os animais, as froitas, os transportes, as partes do corpo, os instrumentos musicais, etc.



Lecturas comprensivas


Compártovos hoxe, en primeiro lugar,  lecturas comprensivas verdade-mentira.  Nesta actividade  o alumnado terá que ver observar a imaxe e decidir se a oración é verdadeira ou falsa. Subliñaranse as oracións verdadeiras.

Non importa tanto nesta tarefa se realmente é certo ou non, senón a análise da oración, a comprensión dela e a xustificación que o alumno ou a alumna poidan dar á súa decisión.

Preme aquí para descargar lecturas verdade-mentira.




Seguidamente, imos traballar a  inferencia na lectura, que é unha estratexia fundamental no proceso da interpretación. A  "inferencia" pode considerarse como a estratexia principal, a auténtica clave da lectura. Toda lectura, ata a máis “inxenua”, fai uso da  inferencia. 

Trátase dun proceso natural que serve para deducir a información implícita dun texto. Para operar con  inferencias, é vital que o lector estableza esquemas de interpretación e conte con información suficiente.

Preme aquí para descargar actividades de inferencia.