O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 12 de maio de 2022

Orientación temporal

 

A orientación temporal é a capacidade de localizar mentalmente feitos ou situacións en distintos tempos situándoos cronoloxicamente.
É necesario traballar e mellorar a atención, o uso de diferentes fontes de información, a memoria e a percepción.

Sen ter adquirida a orientación espacial e a orientación temporal non é posible a aprendizaxe da  lectoescritura: ambas permitennos entender e manexar os códigos escritos, as letras e os números.

 

Lateralidade

A “lateralidade” ou “ lateralización”, queda definida ao redor dos cinco anos de idade: se é claramente de dominio dereito, falamos de persoas destras, e se é claramente de dominio esquerdo, falamos de persoas zurdas. Ter unha lateralidade homoxénea ou  homolateral (ser destro ou zurdo) é o que nos permite un desenvolvemento  neurofisiológico, mental e emocional de acordo ao noso  cociente intelectual e emocional real.

Debido a que a definición da lateralidade no noso sistema nervioso afecta á organización das funcións superiores como a linguaxe, a capacidade lóxica e a aprendizaxe das matemáticas, a comprensión, a concentración, a percepción espazo-temporal, etc., esta lateralidade cruzada ou heteroxénea repercute na capacidade  psicomotora e, por tanto, no rendemento cognitivo e no benestar emocional. 



Discriinación auditiva da -r- e -rr-