O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
luns, 30 de outubro de 2023
Dislexia
Disgrafía & Disortografía
A disgrafía é o trastorno da aprendizaxe que se manifesta n@s nen"s mediante unha escritura deficiente. @s menores que teñen disgrafía adoitan sufrir unha falta de habilidades motoras, polo que non presentan necesariamente problemas intelectuais, neurolóxicos, sensoriais, afectivos e sociais.
Esta desorde relaciónase co acto motriz que consiste en transcribir a linguaxe verbal á linguaxe escrita. Por esta razón, é común achar no alumnadi con disgrafía problemas relacionados con déficit de atención, hiperactividade e/o impulsividade.
Características da disgrafía
- A grafía d@ alumn@ caracterízase por estar formada de letras de gran tamaño. Tamén é habitual a escritura inclinada, os espazos esaxerados entre as letras que compoñen a palabra ou, todo o contrario, escriben as letras demasiado apertadas
- Non respeta o interlineado nin as marxes. É frecuente que se salten liñas.
- O acto de escribir, ademais, requírelles un notable esforzo. Queixanse de que se cansan e, mesmo, evitan a tarefa.
- Non son capaces de gardar unha postura correcta á hora de escribir
- Non saben coller o lapis correctamente e/ou aplican demasiada forza no trazo.
- Escriben demasiado rápido ou moito máis amodo ao esperado segundo a súa idade e maduración.
A gran dificultade do alumnado disortográfico é a adquisición e asimilación da normativa ortográfica á hora de construír un discurso escrito. En moitos casos, a disortografía vén asociada á dislexia; por iso é polo que ás veces confúndanse ambos os trastornos. Noutros casos, o alumnado manifesta disortografía como un problema de aprendizaxe específica: sen indicios de problemas na lectura, discapacidade intelectual ou déficit de atención.
Así mesmo, pódese definir a disortografía como a alteración da linguaxe escrita, onde se observan dificultades na ortografía e a escritura.
Cales son os erros ortográficos máis comúns neste alumnado?
- Omisión de artigos e concordancias en número, por exemplo: Compreime bolígrafo, A nenas xogan ao fútbol…
- Problemas de acentuación e na expresión de verbos irregulares, por exemplo: escribir haiga por “haxa”, do verbo “haber”; escribido por “escrito”.
- Dificultades na correspondencia de fonema e grafema, especialmente á hora de diferenciar b e d, b e p...
- Adicións na escritura de palabras, por ex.: patitinete (patinete), Bilbado (Bilbao).
- Inversións na construción de palabras, por ex.: a palabra “planta” escríbea como pantal.
Ademais, o alumno con disortografía ten dificultades para deletrear, debido a que confunde letras.
Enlaces de Interés: