O alumnado disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas. As familias e mestres/as procesamos esta conduta como desinterese e presionamos para conseguir maior esforzo, sen comprender que este alumnado, realizando estas tarefas, senten coma se de súpeto, calquera de nós, nos vísemos inmersos nunha clase de escritura chinesa.
A dislexia, é moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda, dificultades nas nocións espazo-temporais…debemos ter en conta que non existen dúas disléxicos idénticos e por tanto cada caso é único e non ten por que presentar a totalidade dos síntomas.
Fonte: Disfam.org
Enlace a Web de disfam.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario