Os bloques de LEGO estimulan a creatividade desde o punto de vista da comunicación infantil: expresión oral, interacción, linguaxe e habilidades comunicativas.
1. Linguaxe descritiva e expresiva
Cando os nenos e as nenas constrúen con LEGO, adoitan explicar o que están a facer, que representa cada peza ou montaxe, como funcionará a súa creación Isto anímalles a usar vocabulario habitual ou novo, a describir procesos e a explicar ideas abstractas de maneira clara.
2. Argumentación e toma de decisións
Cando traballan en parellas ou grupos, deben xustificar por que queren usar certa peza; como imaxinan a estrutura que están elaborando; que función terá cada elemento... Deste xeito desenvolven habilidades de argumentación, negociación e consenso, moi valiosas para a súa comunicación interpersoal.
3. Creatividade narrativa
As construcións adoitan ir acompañadas de historias creadas por eles/as mesmos/as. Este xogo simbólico estimula a creación de relatos, enriquece a linguaxe narrativa (inicio, nó, desenlace), favorece o seu desenvolvemento oral e a lóxica ao contar historias...
4. Escoita activa e quendas de palabra (sempre baixo a supervisión e moderación do/a docente)
En actividades grupais, LEGO de xeito natural obriga a escoitar as ideas doutros/as, a respectar quendas para falar, comprender as mensaxes, acordar quen fai que, cooperar... Indubidablemente é unha contorna real de traballo colaborativo que fortalece a comunicación social.
5. Expresión emocional
As construcións reflicten diferentes emocións: medo, alegría, curiosidade, seguridade... E ao falar delas, os nenos e as nenas expresan os seus sentimentos, relacionan as súas emocións coas experiencias, desenvolven unha linguaxe emocional máis elaborada e rica.
6. Comunicación total:
Os nenos e as nenas nestes intres de xogo combinan: palabras, xestos, sinais, sons, movementos... Así desenvolven unha comunicación máis completa, integrando fórmulas de linguaxe verbal e non verbal.
7. Desenvolvemento da comunicación científica e técnica.
Sen darse conta, practican: Explicar procedementos (“primeiro poño esta base...”); describir causas e efectos (“se quito esta peza, cae”); usar vocabulario espacial e técnico básico.
8. Desenvolvemento cognitivo.
Cos LEGO trabállanse moitas funcións cognitivas de forma práctica se necesidade de materias complexos.
- Atención e concentración.
- Planificación (que vou o imos construír).
- Resolución de problemas.
- Memoria de traballo.
- Razoamento espacial.
9. Exemplos de actividades
- Construír emocións: “faremos unha figura que represente alegría, tristeza, enfado...”
- Historias con figuras: creamos unha escena e contamos o que ocorre.
- Copiar un modelo: favorece atención e percepción visual.
- Retos STEAM sinxelos: construír unha ponte, unha casa, un vehículo.
- Atrae a súa atención.
- Convídalles a explorar e construír.
- Reduce a ansiedade ante tarefas máis “curriculares”.
- Esta motivación é a porta de entrada para a aprendizaxe.
- Describen o que constrúen.
- Piden pezas.
- Explican e crean historias.
- Negocian roles en actividades compartidas.
- Respectar quendas.
- Escoitar ao compañeiro.
- Seguir normas claras.
- Resolver pequenos conflitos.É moi eficaz en alumnado con dificultades sociais.
- Adaptar a dificultade facilmente.
- Que cada alumno/a achegue desde as súas capacidades.
- Actividades que non estigmatizan, porque todos gozan do xogo.
- Isto favorece a convivencia e a igualdade.

