Aquí podedes DESCARGAR o material “Palabras encadeadas” en formato circular.
Con este material trabállase a conciencia fonolóxica en alumnos/ as de Educación Infantil ou Primaria de maneira lúdica.
Cada círculo contén 6 palabras que terán que colocar encadeando a última sílaba dunha palabra coa primeira da seguinte. Ao ter este formato poden empezar pola imaxe que prefiran. Mesmo se poden utilizar os debuxos para encadear todas as palabras posibles sen utilizar os roscos.
Ademais ten certa dificultade ao haber varias palabras que comezan coa mesma sílaba, debido a que segundo como as encadeen poida que quede algunha imaxe sen colocar.