O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
venres, 1 de maio de 2020
Imos facer un doce para o Día da Nai
Este domingo día 3 de maio celebraremos o día da nai. Coa axuda dos vosos pais, irmáns, irmás, avós... podeis darlle unha sorpresa cun doce de celebración. Elas merécenno por todo o que nos queren e todo o que nos axudan día a día.
Animámonos? Eu vouno a tentar. E vós?
A ver que sae!
Xogos en familia
Xogos para esta ponte do primeiro de maio. Disfrutade, xa falta menos!!
Este material de Xogos en familia está composto por:
Catro xogos para traballar a atención e a memoria adaptados por idades (3, 4, 5 anos) e un xogo para educación primaria en xeral. Nos niveis iniciais, teñen que lembrar as cores, números, etc., con apoio visual e nos niveis máis avanzados, dáse un tempo para memorizar e, posteriormente, dicir o nome sen apoio visual.
3 anos. Pica
4 anos. Pica
5 anos. Pica
E.Primaria. Pica
Xogo para atopar o elemento común entre distintas tarxetas con pictogramas relacionados cos obxectos da casa. A partir destes xogos, traballamos a discriminación visual, a concentración, os reflexos e o vocabulario.
Para aprender a xogar de diferentes formas con este material, podedes seguir as instrucións deste documento:
https://abcdeele.com/wp-content/uploads/2017/03/Instrucións-dobble-anuncio-it-abcdeEle-.pdf
Pica aquí para descargar materiais
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)