O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 23 de xaneiro de 2023

Actividades discriminación fonemas

Con esta actividade traballamos a diferenciación entre /d/ e /l/. Nela, preséntase unha palabra incompleta e a súa imaxe asociada. O alumno debe seleccionar a letra adecuada para completar a palabra. A actividade inclúe audio para reforzar a discriminación auditiva.

Con esta actividade traballamos a diferenciación entre /b/ e /d/. A través dun xogo interactivo, débese seleccionar a letra adecuada para completar a palabra a cal é acompañada dunha imaxe.



 Fonte: iLenguaje.com

Conciencia fonémica

A través desta actividade traballamos a conciencia fonémica. Nela, o alumno debe seleccionar a palabra que comeza cunha letra ou son diferente ao resto entre catro opcións posibles. A actividade inclúe audio. 
 
 
 
Fonte: ilenguaje.com