As habilidades sociais poden axudar á persoa con TEA a facer amig@s, aprender dos demais e desenvolver pasatempos e intereses. Estas habilidades tamén lles poden axudar coas relacións familiares e darlles un sentido de pertenza.
Traballar habilidades sociais implica intervir en case todas as áreas do desenvolvemento: comunicación e linguaxe, desenvolvemento social, conduta, desenvolvemento emocional, autonomía e función executiva. Habilidades necesarias para vivir unha vida de calidade e habilidades que se atopan minguadas nas persoas con TEA.