Durante este curso 2024-25 utilicei nas miñas sesións de audición e linguaxe Wordwall que é unha plataforma en liña que permite crear e xogar diferentes tipos de actividades educativas e xogos interactivos, como crucigramas, sopas de letras, emparellamentos, cuestionarios e máis. É moi útil para facer a aprendizaxe máis divertido e dinámico.
As actividades en Wordwall están deseñadas para traballar varios obxectivos educativos, por exemplo:
- Reforzar coñecementos: Axudan ao alumando a repasar e consolidar conceptos aprendidos en clase.
- Fomentar a participación activa: Fan que o alumnado participe de maneira divertida e motivadora.
- Desenvolver habilidades cognitivas: Como a memoria, a atención, a asociación de ideas e o pensamento crítico.
- Mellorar a comprensión: Facilitan a comprensión a través de actividades interactivas.
- Estimular o traballo en equipo: Algunhas actividades permiten a colaboración entre o alumnado, promovendo habilidades sociais e de cooperación.
No seguinte enlace podedes entrar na miña páxina de perfil en Wordwall
Algúns exemplos das últimas actividades creadas: