O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 10 de decembro de 2025

Contos apoiados con pictogramas

Os contos apoiados con pictogramas son unha ferramenta fantástica para axudar ao noso alumnado para desenvolver habilidades de lectura e comprensión.

Beneficios dos Pictogramas

  • Axudan aos nosos nenos a ás nosas nenas para entender o significado das palabras e as frases.
  • Fomentan a comprensión lectora e a memoria visual.
  • Axúdalles a desenvolver habilidades de secuenciación e orde.
  • Poden ser especialmente útiles para nenos e nenas con dificultades de lectura ou aprendizaxe.

Recursos para Crear Pictogramas

  • Aplicacións: Hai moitas aplicacións que nos permiten crear pictogramas, como Pictotraductor, SymboTalk etc.
  • Sitios web: Hai sitios web que ofrecen pictogramas gratuítos, como ARASAAC....
  • Libros: Podemos atopar libros con pictogramas en librerías ou en liña.