Xogar non é lecer. É arquitectura cerebral.
Debemos de esquecernos da idea de que xogar é "perder o tempo". Para o cerebro infantil, o xogo é o traballo máis serio que existe. É o seu idioma natural e a ferramenta principal para construír a intelixencia.
Cando un neno ou unha nena xoga, non só se divírte; está a acender a súa cortiza prefrontal. Está a deseñar o seu centro de mando.
O ximnasio das Funcións Executivas:
O xogo é o adestramento de alto rendemento onde se desenvolven as habilidades que definen o éxito na vida adulta:
1. Control Inhibitorio: Aprender a esperar unha quenda ou a non derrubar a torre d@ outr@. É a base da autodisciplina.
2. Memoria de Traballo: Reter regras e obxectivos mentres se executa unha acción. É a capacidade de enfoque.
3. Flexibilidade Cognitiva: Cambiar de estratexia cando o plan inicial falla. É a esencia da resolución de problemas.
4. Interacción entre persoas: O xogo é unha das formas máis naturais de interacción social. Aprenden a comunicarse mellor a través do xogo, xa que nel practícanse normas, roles e regras sociais.
5. Desenvolvemento da linguaxe: Nos primeiros anos de vida, o xogo é fundamental para o desenvolvemento lingüístico. Non só aprenden vocabulario, senón tamén a usalo de maneira contextual para expresar desexos, emocións ou intencións.
A ciencia é clara:
O xogo activa a liberación de dopamina e BDNF (factor neurotrófico derivado do cerebro). Isto non é "teoría pedagóxica", é combustible biolóxico que fortalece as conexións neuronais e facilita a aprendizaxe a longo prazo.
A mensaxe é curto e directo:
Se queremos persoas adultas con criterio, capacidade de decisión e equilibrio emocional, aproveitemos os seus xogos.
É o único momento onde o cerebro está a operar á súa máxima capacidade creativa.
O xogo é o idioma do cerebro infantil. Aprende a falalo.
