O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

sábado, 30 de maio de 2020

Xogos de secuencias, lateralidade e outros.

Secuencias:
Tres paquetes de actividades dirixidos a educación infantil e ao ciclo inicial de primaria. Realízanse series de tres, catro e cinco imaxes nas que se presentan unha secuencia de sucesos ou accións que hai que poñer en orde.


Lateralidade:
Actividades para nenos e nenas de educación infantil, que ten como obxectivo situar os obxectos ou figuras (arriba ou abaixo), e recoñecer as direccións das frechas tanto esquerda como dereita,  coloreando ademais as mesmas a través de xogos de identificación, crebacabezas e asociación.

Preme aquí para xogar á lateralidade

Outros xogos  clic de conceptos básicos de tempo, espazo e cantidade ou comparación. Está dirixido a alumnos/ as de 3, 4 e 5 anos e opcionalmente a educación especial. Creado a base de imaxes fotográficas e soporte sonoro que fan as actividades moi atractivas. A aplicación ten como obxectivo fixar os conceptos básicos que se traballan e iniciarse na  lectoescritura de palabras mediante o son. Tamén pretende que os nenos e as nenas relacionen as imaxes co son.

Preme para acceder a xogos de tempo e espazo...


venres, 29 de maio de 2020

Actividade de visopercepción

Hai nenos e nenas que teñen dificultades de percepción visual ( relacionado coa lecto-escritura) e necesitamos traballar moito este aspecto con eles. Adestrando con actividades adecuadas, podemos axudar ao alumno e a alumna para mellorala.
Esta actividade é para traballar sobre papel facendo uso de  geoplano , é ideal que o /a alumno/a cre os modelos no seu propio  geoplano de forma  manipulativa.
Ao realizar as actividades propostas o alumnado está a desenvolver habilidades de:
  • Coordinación  motriz fina.
  • Viso-percepción de formas
  • Percepción de posicións relativas
  • Construción de estratexias: ensaio e erro.

As actividades están presentadas con progresión de dificultade crecente.





Segmentación de sílabas en frases

A seguinte actividade está pensada para traballar a conciencia  silábica dentro dunha frase; a conciencia  silábica fai referencia á capacidade que ten o/a neno/a para entender que unha palabra pódese dividir en unidades máis pequenas chamadas  sílabas. Este tipo de exercicios adoitan resultar especialmente útiles para traballar con alumnos que presenten ou poidan presentar problemas  lectoescritores. No seguinte exercicio hai unha serie de frases  segmentadas en  sílabas, o obxectivo é que o neno sexa capaz de escribir correctamente a frase.



Morfosintaxe

Material para traballar a morfosintaxe creando frases divertidas coas tiradas do dado. 
A actividade parte dun taboleiro inicial de dobre entrada, no que temos as diferentes caras do dado e os números do 1 ao 6, que se corresponden coa orde que ocuparán os  pictogramas na frase. 
Na segunda folla, iremos montando a frase cos  pictogramas (páxina final) no caso de que non estea adquirida a  lectoescritura. 
No caso de que estea adquirida, escribiremos no recadro correspondente.
Finalmente, montaremos a frase con  pictogramas ou a escribiremos de forma coherente.



xoves, 28 de maio de 2020

Xogo do Lince - O/A detective dos fonemas, sílabas e palabras

Material baseado no xogo de mesa "O lince" co que se pretende traballar a conciencia léxica e  silábica, traballando a segmentación de palabras e frases en  sílabas e palabras respectivamente, así como a conciencia  fonolóxica 
O xogo contén instrucións coa explicación do contido e de como se xoga.



Textos curtos para traballar a comprensión lectora

Adxunto unha nova serie de fichas para traballar a comprensión lectora. En cada unha delas incluense dous reloxos, un para indicar o tempo de inicio e outro para indicar o tempo de finalización da tarefa. A idea destas fichas é facer un traballo de reflexión por parte do/a alumno/a do tempo empregado en realizar na tarefa. 
Para primeiros cursos de Educación Primaria.



mércores, 27 de maio de 2020

Xogo de actividades lúdico-educativas

Como sei que estades a traballar moito (díxomo un paxariño), hoxe deixovos esta ligazón dun xogo con moitas actividades lúdicas para aprender xogando.



Principio alfabético - Conciencia fonémica - Ordenar sílabas

Material impreso para traballar a conciencia  silábica e o principio alfabético (asociación fonema-grafema). A actividade consiste en ordenar  sílabas para formas palabras e transcribilas á súa correspondente grafía.

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.1

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.2

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.3

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.1

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.2

Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.3




martes, 26 de maio de 2020

Parchís ortográfico

Xogo interactivo para repasar reglas ortográficas. Ideal para diferentes niveis de Educación Primaria.

Ligazón aquí  





Linguaxe oral e escrita

Que necesito...? Traballamos a funcionalidade da linguaxe oral.
Contidos a traballar: - Categorías léxicas. - Morfosintaxe. - Organización e estruturación sintáctica. - Linguaxe expresiva e comprensiva. - Habilidades conversacionais.
Preme aquí para descargar
Traballamos a conciencia fonolóxica.
Contidos a traballar nesta actividade:- Conciencia fonolóxica: (conciencia fonémica, silábica e léxica).- Vocabulario (campos semánticos).- Expresión e comprensión oral e escrita.- Morfosintaxe. - Uso da linguaje oral.
Preme aquí para ver material de conciencia fonolóxica


Discriminación auditiva

Imos traballar a discriminación auditiva como parte necesaria para a estimulación da linguaxe.  Material elaborado por Eugenia Romero e dipoñible no blogue dos Mestres de Audición e Linguaxe.









luns, 25 de maio de 2020

Aventura pirata

Presentación interactiva para traballar a asociación da imaxe real co  pictograma diferentes pezas de vestir que temos que colocar no  tendedeiro. 

Unha forma moi divertida de traballar a atención, a discriminación visual, a asociación imaxe- pictograma e a aprendizaxe de vocabulario.

Preme aquí para entrar


Xogamos ás descricións cos oficios

Material para traballar as descricións cos oficios identificando cal é o oficio, onde traballa e que ferramentas utiliza.

Pica aquí para descargar


Adiviñas para nenos. Xogo de estimulación lingüística

Na canle de Eugenia Romero atopamos estas adiviñas para nenos e nenas. É un xogo de estimulación lingüística onde se pode traballar a comprensión a través de preguntas como quen?, que? e cal? ademais de ampliar o vocabulario  través de categorías  semánticas como os animais, as froitas, os transportes, as partes do corpo, os instrumentos musicais, etc.



Lecturas comprensivas


Compártovos hoxe, en primeiro lugar,  lecturas comprensivas verdade-mentira.  Nesta actividade  o alumnado terá que ver observar a imaxe e decidir se a oración é verdadeira ou falsa. Subliñaranse as oracións verdadeiras.

Non importa tanto nesta tarefa se realmente é certo ou non, senón a análise da oración, a comprensión dela e a xustificación que o alumno ou a alumna poidan dar á súa decisión.

Preme aquí para descargar lecturas verdade-mentira.




Seguidamente, imos traballar a  inferencia na lectura, que é unha estratexia fundamental no proceso da interpretación. A  "inferencia" pode considerarse como a estratexia principal, a auténtica clave da lectura. Toda lectura, ata a máis “inxenua”, fai uso da  inferencia. 

Trátase dun proceso natural que serve para deducir a información implícita dun texto. Para operar con  inferencias, é vital que o lector estableza esquemas de interpretación e conte con información suficiente.

Preme aquí para descargar actividades de inferencia.







venres, 22 de maio de 2020

Conto TEACCH - Vexo, vexo froitas e cores

Conto  manipulativo tipo  TEACCH sobre as froitas e as cores. A través do conto, o/a neno/a terá que descubrir as froitas e colocalas na súa cor correspondente, empregando como eixo condutor o clásico xogo do Vexo-vexo. Agradecer á súa autora, Diana Bericoechea Álvarez, e a ARASAAC este fantástico traballo.

Para ir ao conto preme aquí e para acceder o videoconto pica nesta ligazón




Coronavirus - Historia social - As máscaras explicadas aos nenos e ás nenas


Sabedes que, a partir de agora, os/as maiores de 6 anos temos que saír á rúa con máscaras. Adxunto esta historia social adaptada con pictogramas de ARASAAC explicando o uso das máscaras para evitar  contaxios. O material acompáñase cunha serie de fotografías das distintas máscaras e coa forma correcta-incorrecta de colocalas.

Preme aquí para entrar.




xoves, 21 de maio de 2020

“Hair Love”: un inspirador curto sobre amor propio e traballo en equipo

E hoxo invítovos a ver este curto. Non poderedes evitar emocionarvos con esta curtametraxe animada e gañadora do Óscar 2020. Unha emotiva historia onde un pai aprende como axudar á súa pequena filla.

Diversidade e aceptación, iso é o que ensina a obra creada polo director e escritor,  Matthew A.  Cherry. A curtametraxe “ Hair  Love”, cunha duración de menos de sete minutos, mostra como  Zuri –unha nena coa cabeza chea de rizos naturais– debe recorrer ás mans inexpertas do seu pai, Stephen, para obter axuda.

Un relato cargado de tenrura e sensibilidade que, aínda que parece sinxelo a primeira ollada, pon como protagonistas dous elementos inspiradores: unha nena  afroamericana que ama o seu cabelo  alborotado e unha familia onde o pai é unha luz positiva no coidado.


Lectura de palabras difíciles e pseudopalabras

Cando o noso alumnado se atopa con este tipo de palabras, dubidan, retroceden, realizan substitucións dunhas letras por outras ou directamente transfórmana noutra que para eles(as) ten máis sentido, isto pasa especialmente na lectura de textos. Este tipo de erros pode provocar graves problemas de comprensión en idades superiores.
Con esta ficha que vos comparto, tentaremos que o alumno, mediante unha lectura coidadosa, descifre o que pon nestas palabras e tente lelas correctamente. Colocáronse algúns erros en palabras máis usuais co fin de que poidan detectalos e xogar así a ser investigadores (este tipo de tarefa gústalles máis que a mera lectura sen un obxectivo extra).


Preme aquí para xogar a este xogo online de exactitude lectora.

mércores, 20 de maio de 2020

Imos xogar!!


Aquí atoparás moitos xogos moi especiais, deseñados especialmente para ti. Con eles serache máis sinxelo aprender a recoñecer e expresar as emocións e tamén aprenderás habilidades sociais!

Alumnado TEA.





martes, 19 de maio de 2020

JP-ABC Xogo interactivo

Xogos simples que buscan familiarizar ao alumnado cos animais, as letras, os números, os obxectos e demais. Mediante a emisión de sons e a súa relación coas letras e os debuxos búscase estimular a aprendizaxe dos nenos e das nenas.

Nivel educativo: Educación Infantil e Primaria



Comprensión lectora: le e une

Hoxe propóñovos un divertido xogo para traballar a comprensión lectora; con este tipo de estratexias, convertemos a aprendizaxe nun proceso máis ameno. O exercicio consiste en ler cada frase, e unha vez comprendido o seu significado emparellar correctamente cada personaxe co debuxo que lle corresponda.



luns, 18 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

Crebacabezas

Este paquete de actividades consta de 40 actividades de crebacabezas para a exercitación mental.

Para xogar pica aquí


Comprensión lectora e orientación espacial

Hoxe tamén comparto con vós unha divertida actividade  manipulativa na que traballaremos varios aspectos como a comprensión lectora e a orientación espacial. O obxectivo do exercicio é pegar na casiña correcta da cuadrícula, os debuxos que previamente debedes recortar; para iso debedes seguir unhas instrucións nas que se vos indican a posición exacta onde debedes colocar os adhesivos, contades coa axuda de figuras xeométricas para orientarse.

Para descargar preme aquí


Escritura creativa: inventamos un diálogo.


As tarefas de escritura creativa ademais de exercitar a  lectoescritura, potencian a imaxinación e a creatividade dos(as) nenos(as). No seguinte exercicio hai que continuar unha serie de diálogos e para facilitar a tarefa acompáñase dunha ilustración que pode ser de axuda. 


Para descargar as fichas preme aquí


xoves, 14 de maio de 2020

Descobre a palabra - Concencia fonémica e principio alfabético


Hoxe traballamos a conciencia  fonémica e o principio alfabético co alumnado de Educación Infantil e tamén outros cursos inciais de Educación Primaria.  

O obxecto é que se fixen nas boquiñas á hora de emitir un determinado son. Non imos incidir na intervención dos problemas de articulación, como dixen en outras ocasións, iso debémolo facer os/as profesionais con formación específica, nas nosas instalacións e cos recursos necesarios.

Para realizar esta actividade necesitamos as tarxetas das  boquiletras (as que vemos nas imaxes), ofrecémolas nun formato que permitan facerse a dobre cara, é dicir, por unha banda só irá a  boquiña, e polo outro lado a  boquiña  acompañada da letra. Deixo aquí as ligazóns para descargar:

1.  Boquiletras maiúsculas preme aquí para descargar

2.  Boquiletras minúsculas preme aquí para descargar

A actividade consiste en descubrir a palabra que se esconde na tarxeta, para iso o neno/a ten que identificar o son inicial de cada un dos  pictogramas que aparecen. Unha vez identificado, colocará a tarxeta que corresponda co devandito son inicial, cando  teña colocado todas as tarxetas poderá descubrir unha palabra. 

Esta actividade podémola desenvolver de dúas formas, ben coa parte da tarxeta onde aparecen as letras acompañadas das  boquiñas ou ben, só cos  articulemas sen a letra, a elección dun formato ou outro dependerá do nivel do neno/a (podedes consultar á titoría). Do mesmo xeito, ofrécense as letras en maiúscula e en minúscula e dependerá novamente do nivel de adquisición do/a neno/a.

Xogo de descubre a palabra preme aquí para descargar


mércores, 13 de maio de 2020

Cadernos pequenos para aprender a realizar descricións

Cadernos pequenos para aprender a realizar descricións de persoas, animais, roupas e obxectos de forma  pautada e estruturada e co apoio visual de  pictogramas para que resulte máis sinxelo.

Con este tipo de actividades, traballamos a atención, a comprensión, o léxico, a  semántica e o nivel pragmático da linguaxe. Adaptadas para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Preme nas siguentes ligazóns para entrar:






10 bibliotecas virtuais infantís con centos de libros gratis para nenos/as

Internet alberga unha gran cantidade de sitios web educativos que fomentan o hábito da lectura e a aprendizaxe de maneira gratuíta. Como proba preséntovos esta lista de 10 bibliotecas infantís con moito contido audiovisual e lecturas dixitais para os/as máis pequenos/as da casa.

Para entrar nas bibliotecas clica aquí

Gozade destas lecturas en familia, e lembrade: a lectura é fonte de cultura!!


Disortografía

Actividades e recursos educativos para o tratamento da disortografía (un trastorno da linguaxe específico da escritura). 

Preme aquí para entrar nas actividades.





martes, 12 de maio de 2020

Actividades de destrezas básicas sobre a auga

Material composto para traballar as destrezas básicas a partir de distintos centros de interese. 

O obxectivo destas actividades é mellorar e reforzar a atención, a discriminación visual, a  motricidad fina e a aprendizaxe de vocabulario.

Clica aquí para comenzar a actividade.


Palabras encadeadas

Aquí podedes DESCARGAR o material “Palabras encadeadas” en formato circular.

Con este material trabállase a conciencia  fonolóxica en alumnos/ as de Educación Infantil ou Primaria de maneira lúdica.

Cada círculo contén 6 palabras que terán que colocar encadeando a última  sílaba dunha palabra coa primeira da seguinte. Ao ter este formato poden empezar pola imaxe que prefiran. Mesmo se poden utilizar os debuxos para encadear todas as palabras posibles sen utilizar os  roscos.

Ademais ten certa dificultade ao haber varias palabras que comezan coa mesma  sílaba, debido a que segundo como as encadeen poida que quede algunha imaxe sen colocar.

Preme aquí para xogar


luns, 11 de maio de 2020

Cadernos de desenvolvemento emocional en familia


Nestes  cadernos  propóñense  unha serie de actividades para realizar en familia que  axudarán a  xestionar ou tempo de  maneira  produtiva.  As actividades  propostas están  deseñadas para toda a familia.

Un gran  traballo que nos facilita o Departamento de Orientación San José a través  do  seu  blogue.

Poderedes  traballar  as  emocións, a atención, lectura,  curtos... Un material  moi  aproveitable. 

Caderno conZENtrate Educación Infantil









Xogo da ruleta - Praxias orofaciais (MOL-NV)


Presentación interactiva con dous xogos da ruleta para traballar as  praxias  orofaciais. 

Para xogar, seleccionamos unha das dúas ruletas, pulsamos no botón para que comece a dar e voltas e volvemos pulsar para parala e realizar a acción que aparece.

Practica xogando!! pica aquí 
(terás que descargalo en formato pptx e logo premer en "presentación de diapositivas")


FONOTIC

Adxunto o programa FONOTIC que é unha aplicación adicada ao traballo das tres dimensións da linguaxe na súa fase do desenvolvemento: fonoloxía-fonética, morfosintaxe, vocabulario e "uso" da linguaxe. Axeitado para 6º curso de educación infantil e 1º curso de educación primaria.

Preme aquí para entrar (unha vez dentro da ligazón, non é necesario que o descarguedes, picade en "visualizar")




domingo, 10 de maio de 2020

sábado, 9 de maio de 2020

Adestramento da velocidade e comprensión lectora

Aplicación interactiva para desenvolver e mellorar a velocidade e a comprensión lectora.

Para entrar clica aquí



Programas de mellora do rendemento para alumnado con déficit atencional.


O alumnado diagnosticado con TDAH e TEA ten serios problemas para poder rematar as súas tarefas, secuencialas e concluilas con éxito. Este programa axudaravos a traballar e minimizar os efectos desta inatención.

Para xogar preme aquí



Outros xogos de atención: emparellamentos, series ....

Presentacións interactivas para traballar a atención e a discriminación visual, mediante xogos de emparellamento de  pictogramas, identificación de sombras e de localización do  pictograma que continua unha serie.

Para xogar clica aquí




venres, 8 de maio de 2020

Intrusos sobre as profesións

Material para traballar a clasificación e  categorización de palabras por campos  semánticos, diferenciando cal é o elemento que non pertence a un grupo dado.

A través deste material, traballamos ademais:

- Estimulación da linguaxe oral.
- Ampliación do vocabulario.
- Categorías  semánticas.
- Desenvolvemento do pensamento lóxico.
- Abstracción do pensamento.



Caderno para traballar a conciencia fonolóxica.


Caderno pequeno para traballar a conciencia  fonolóxica a partir de diferentes actividades. Inclúe fichas de  autocorrección.

Preme aquí para acceder ao caderno.


xoves, 7 de maio de 2020

Actividades de reforzo: palabras, ortografía....


Con sinxelos xogos incidiremos nas palabras, reglas ortográficas... para o alumnado dos cursos superiores de educación primaria.

Para iniciar as actividades preme aquí






Xogos de lectura e escritura para o alumnado de 5, 6 e 7 anos

É un paquete de actividades co que as nenas e nenos practicarán a lectura e escritura de palabras e frases compostas polas cinco vocais e as  consonantes d,  j,  l,  m,  n,  ñ,  p,  s e  t. Está dividido en catro bloques con actividades moi variadas e amenas para nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos.

Se queres aprender xogando, fai click aquí


mércores, 6 de maio de 2020

Estimulación da linguaxe oral

Adxunto un documento con pautas ás familias para o seu traballo na casa, tan importante e necesario á vez. É algo que realizaremos de forma xeral, no día a día cos nosos fillos e fillas. Moi sinxelo: estimular de forma divertida mediante xogos.

Pautas de estimulación na casaPreme aquí



Exercicios de praxias