Hoxe traballamos a conciencia fonémica e o principio alfabético co alumnado de Educación Infantil e tamén outros cursos inciais de Educación Primaria.
O obxecto é que se fixen nas boquiñas á hora de emitir un determinado son. Non imos incidir na intervención dos problemas de articulación, como dixen en outras ocasións, iso debémolo facer os/as profesionais con formación específica, nas nosas instalacións e cos recursos necesarios.
O obxecto é que se fixen nas boquiñas á hora de emitir un determinado son. Non imos incidir na intervención dos problemas de articulación, como dixen en outras ocasións, iso debémolo facer os/as profesionais con formación específica, nas nosas instalacións e cos recursos necesarios.
Para realizar esta actividade necesitamos as tarxetas das boquiletras (as que vemos nas imaxes), ofrecémolas nun formato que permitan facerse a dobre cara, é dicir, por unha banda só irá a boquiña, e polo outro lado a boquiña acompañada da letra. Deixo aquí as ligazóns para descargar:
1. Boquiletras maiúsculas preme aquí para descargar
2. Boquiletras minúsculas preme aquí para descargar
A actividade consiste en descubrir a palabra que se esconde na tarxeta, para iso o neno/a ten que identificar o son inicial de cada un dos pictogramas que aparecen. Unha vez identificado, colocará a tarxeta que corresponda co devandito son inicial, cando teña colocado todas as tarxetas poderá descubrir unha palabra.
Esta actividade podémola desenvolver de dúas formas, ben coa parte da tarxeta onde aparecen as letras acompañadas das boquiñas ou ben, só cos articulemas sen a letra, a elección dun formato ou outro dependerá do nivel do neno/a (podedes consultar á titoría). Do mesmo xeito, ofrécense as letras en maiúscula e en minúscula e dependerá novamente do nivel de adquisición do/a neno/a.
Xogo de descubre a palabra preme aquí para descargar
Ningún comentario:
Publicar un comentario