Hoxe tamén comparto con vós unha divertida actividade manipulativa na que traballaremos varios aspectos como a comprensión lectora e a orientación espacial. O obxectivo do exercicio é pegar na casiña correcta da cuadrícula, os debuxos que previamente debedes recortar; para iso debedes seguir unhas instrucións nas que se vos indican a posición exacta onde debedes colocar os adhesivos, contades coa axuda de figuras xeométricas para orientarse.
Para descargar preme aquí