As dislalias funcionais son alteracións na articulación dos fonemas (cando o neno ou a nena "non fala claro"). Ocorren sen que exista unha lesión física ou neurolóxica nos órganos da fala. No ámbito escolar, teñen unha alta presenza durante a educación infantil e o primeiro ciclo de primaria.
