O alumnado con TDAH demostran, en xeral, peores habilidades lingüísticas que @s nen@s que non padecen este problema en todos os niveis básicos da lingua.
Destacamos que, no nivel fonético-fonológico, existen dificultades de fala ata idades avanzadas.
Por outra banda, as tarefas de recoñecer o son das letras resultan especialmente difíciles ao alumnado con TDAH. Como consecuencia das dificultades na memoria operativa (capacidade de procesamento e almacenamento de información que nos permite realizar calquera tarefa cognitiva complexa como a lectura, o pensamento ou a aprendizaxe) e a impulsividade, mesmo nos nenos máis maiores.
Ademais, estas dificultades na memoria operativa e a impulsividade, inflúen á hora de facer frases e aprender vocabulario. En definitiva, todas estas dificultades actúan interferindo a comunicación, tanto a nivel expresivo como comprensivo, facendo que sexan menos eficaces no procesamento da linguaxe, fundamentalmente en contextos lingüisticamente máis esixentes.
Con todo, existe unha gran variabilidade: desde nen@s que teñen unha linguaxe normal, ata nen@s que desde os criterios da patoloxía da linguaxe teñen trastornos da linguaxe. Consecuentemente, é necesario levar a cabo unha avaliación d@s nen@s con TDAH, unha exploración sistemática da linguaxe co fin determinar dificultades e de valorar riscos.
Fonte: Ángela Sánchez
Ligazóns de interese: