O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 20 de abril de 2020

TDAH


O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) responde a un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza na idade infantil. Estes patróns constitúen a sintomatoloxía nuclear do trastorno e dan lugar a distintos subtipos de TDAH: hiperactivo-impulsivo, inatento e combinado, que son manifestacións do TDAH en distintas etapas evolutivas. Este último adoita ser o máis frecuente.
O TDAH maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola, relacións interpersoais, actividades de lecer), en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.
A idade na que estas manifestacións comezan a ser evidentes varía duns casos a outros.
Nalgúns, as características son notorias dende os primeiros anos de vida, mentres que noutros non afloran, de maneira ostensible, ata a idade escolar. Así mesmo, nalgúns casos, e coa chegada da adolescencia, apréciase unha diminución e un alivio dos problemas, aínda que noutros o TDAH persiste mesmo na idade adulta.
É normal que as manifestacións condutuais (síntomas) do trastorno varíen dunha persoa a outra e tamén o é que a presentación dos síntomas poida variar nunha mesma persoa ao longo do seu crecemento. Na actualidade, considérase que o trastorno pode amosarse en tres modalidades diferentes:
  • ·         Presentación combinada. é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como os de impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o nivel evolutivo da persoa.
  • ·         Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva. nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou hiperactividade, mentres que os síntomas de inatención teñen unha menor presenza. Esta presentación é máis frecuente nas nenas e nos nenos de menor idade.
  • ·         Presentación predominantemente inatenta. nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de inatención.

Nalgúns casos apréciase que a presentación predominantemente inatenta se dá sen a presenza notoria de impulsividade e hiperactividade e acompañada do que se denominou e “tempo cognitivo lento, que é o funcionamento caracterizado pola lentitude, pola tendencia a estar nas nubes ou a soñar esperto.
Hai certo consenso en que as causas do TDAH poden ser de orixe neurobiolóxica, e que afectan, de maneira especial, aínda que non só, a rexións frontais do cerebro. Segundo os expertos, esta problemática está relacionada cunha alteración no neurodesenvolvemento a partir dunha determinada predisposición xenética.



Recursos para traballar con este alumnado:








Morfosintaxe

Os fonemas combínanse para producir unidades dun nivel superior que teñen significado (palabra).
O estudo da estrutura da palabra denomínase “morfoloxía” e o da estrutura da oración “sintaxe”.
A función primordial da sintaxe é combinar as pezas léxicas (vocabulario) dunha lingua para formar oracións.
A oración é unha construción que, na expresión dada, non forma parte  do outra estrutura maior.
Adóitase admitir que unha oración é a que está composta por dous constituíntes inmediatos: suxeito e predicado.
Ás veces a orde da colocación das palabras dentro da oración determina cambios de significado, outras se trata dun maior ou menor uso.
As palabras únense formando oracións seguindo unha certa orde e determinadas unhas por outras. 
As palabras poden descompoñerse ou non en elementos chamados morfemas. . O morfema é a unidade mínima de función e significado. Os morfemas poden ser de dous tipos:  lexicales e gramaticais.
Os morfemas gramaticais únense á raíz para conformar variacións de xénero, número, persoa, tempo verbal, etc. Dentro da oración.
Así mesmo existen palabras chamadas “gramaticais”, sen compoñente léxico, son os pronomes, determinantes, etc. 
O compoñente  sintáctico comeza a estar presente na linguaxe infantil na etapa de dúas palabras. .....

A continuación adxunto enlaces para traballar este compoñente da linguaxe:

Arasaac

Para imprimir


Mestres de Audición e Linguaxe


Estruturacións simples


Sembra Estrelas

Iniciación á lectura

Para poder ler é necesario transformar un código de signos gráficos, os grafemas, noutro de sons, os fonemas, que é o que se coñece como  decodificación das palabras escritas.
As dificultades neste proceso inicial de aprendizaxe  lectoescritor poden ser consideradas como típicas do mesmo. Con todo, se despois dos dous primeiros anos de educación primaria séguese observando falta de precisión na lectura de palabras, lentitude ou escasa fluidez da lectura e/ou dificultades de comprensión, poderíase dicir que existe un “trastorno específico da aprendizaxe”, con dificultades na lectura.

A continuación presento unha serie de recursos online para potenciar a adquisición da lectura:



Leo o que vexo

Recursos Loreto (Esta páxina ofrécenos gran variedade de actividades por niveis en relación á comprensión e expresión escrita)

Sembra Estrelas

Educaplatet

Bocadillos comprensión lectora

Ordear letras para formar palabras

Xogo de comprensión de frases curtas


Para descargar nunha tablet ou dispositivo móbil:



Alumnado T.E.A

Que se entende por trastorno do espectro do autismo?


Aparece recollido no apartado dos trastornos neurolóxicos segundo o  DSM-V.  
O alumnado con deficiencias notables da comunicación social, pero cuxos síntomas non cumpren os criterios de trastorno do espectro do autismo, deben ser avaliados para diagnosticar o trastorno da comunicación social (pragmática).

Por tanto o  TEA é un concepto paraugas, no que se inclúen trastornos  do  neurodesenvolvemento  tales como:

Síndrome autista
Síndrome de Asperxer
Trastorno  desintegrativo infantil
Trastorno xeneralizado do desenvolvemento non especificado ( TGDNE).





Recursos para a atención educativa do alumnado con trastorno de espectro do autismo:












Dislexia e Dificultades Específicas da Aprendizaxe (DEA)



dislexia segundo o  DSM-5 “é un termo alternativo ao de dificultades lectoras, que se refire a un patrón de dificultades da aprendizaxe que se caracteriza por problemas co recoñecemento de palabras en forma precisa ou fluída,  deletrear mal e pouca capacidade  ortográfica. Tamén é importante especificar calquera dificultade adicional presente como dificultades de comprensión da lectura ou do razoamento matemático”

O alumnado con  dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe ( DEA) forman parte do alumnado con  necesidades específicas de apoio educativo segundo a LOE-LOMCE.

O primeiro paso será  delimitar que se entende por  DEA. A definición consensuada e máis completa  sique sendo a establecida en 1988  polo  National  Joint  Committee  Learning  Disabilities ( NJCLD). De acordo coa mesma: “Dificultade da aprendizaxe é un termo xenérico que se refire a un grupo heteroxéneo de alteracións que se manifestan por dificultades significativas na adquisición e uso da comprensión oral, expresión oral, lectura, escritura, razoamento ou habilidades matemáticas. Estas alteracións son intrínsecas á persoa, presumiblemente debidas a unha disfunción do  SNC e poden ocorrer ao longo de todo o ciclo vital ( life  span). Poden acompañarse de condutas de autorregulación, percepción social e interacción social, pero non constitúen por si mesmas unha dificultade da aprendizaxe.”

O  DSM-5 inclúe as  DEA nos trastornos do  neurodesenvolvemento; concretamente no denominado trastorno específico da aprendizaxe, o cal se manifesta durante os anos escolares, caracterizándose prol dificultades persistentes, que impiden a aprendizaxe das aptitudes académicas básicas da lectura, escritura e matemáticas. O rendemento está por baixo da media da súa idade, ou ben conseguen alcanzar niveis aceptables de rendemento tras un gran esforzo, a pesar de que a súa intelixencia é adecuada ou “dotada” e, tampouco presentan outros trastornos sensoriais non corrixidos, mentais ou neurolóxicos…

Para coñecer máis en profuncidade as dificultades específicas da aprendizaxe, remítovos ao Protocolo para la intervención psicoeducativa de la dislexia y/u otras dificultades específicas del aprendizaje.




https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/30105



A continuación presento un banco de recurso online onde se poden atopar diferentes actividades relacionadas cas dificultades da lectura e da escritura: 






Comprensión Lectora

Recursos Loreto  (Nesta páxina temos centos de actividades relacionadas ca comprensión e expresión escrita para todos os niveis de educación primaria)




Curto para fomentar á lectura