O trastorno por déficit de atención e
hiperactividade (TDAH) responde a un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e
impulsividade que comeza na idade
infantil. Estes patróns constitúen a sintomatoloxía nuclear do trastorno e dan lugar a distintos subtipos de
TDAH: hiperactivo-impulsivo, inatento e combinado, que son manifestacións do TDAH en distintas etapas evolutivas.
Este último adoita ser o máis
frecuente.
O TDAH maniféstase nos distintos
ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola,
relacións interpersoais, actividades de lecer), en forma de dificultades para agardar,
para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para
planificar e solucionar problemas, etc.
A
idade na que estas manifestacións comezan a ser evidentes varía duns casos a
outros.
Nalgúns, as características son
notorias dende os primeiros anos de vida, mentres que noutros non afloran, de
maneira ostensible, ata a idade escolar. Así mesmo, nalgúns casos, e coa
chegada da adolescencia, apréciase unha diminución e un alivio dos problemas,
aínda que noutros o TDAH persiste mesmo na idade adulta.
É normal que as manifestacións
condutuais (síntomas) do trastorno varíen dunha persoa a outra e tamén o é que
a presentación dos síntomas poida variar nunha mesma persoa ao longo do seu
crecemento. Na actualidade, considérase que o trastorno pode amosarse en tres
modalidades diferentes:
- ·
Presentación combinada. é a máis habitual, e nela, tanto
os
síntomas de inatención como os de
impulsividade-hiperactividade danse nun grao
excesivo para o nivel evolutivo da persoa.
- ·
Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva. nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou
hiperactividade, mentres que os síntomas de
inatención teñen unha menor presenza. Esta
presentación é máis frecuente nas nenas e nos
nenos de menor idade.
- ·
Presentación predominantemente inatenta. nesta presentación existe
unha maior presenza dos síntomas de inatención.
Nalgúns casos apréciase que a
presentación predominantemente inatenta se dá sen a
presenza notoria de impulsividade e hiperactividade e acompañada do que se
denominou e “tempo cognitivo lento”, que é o funcionamento
caracterizado pola lentitude, pola tendencia a
estar nas nubes ou a soñar esperto.
Hai certo consenso en que as causas
do TDAH poden ser de orixe neurobiolóxica, e que afectan, de maneira
especial, aínda que non só, a rexións frontais do cerebro.
Segundo os expertos, esta problemática está relacionada cunha alteración no neurodesenvolvemento a partir dunha determinada
predisposición xenética.
Recursos para traballar con este alumnado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario