O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 21 de abril de 2020

Articulación

Nos centros escolares atopámonos con alumnos e alumnas con alteracións na fala: articulatorias  (TSH*, disglosias, disartrias); da voz (disfonías) e da fluidez (disfemias). Neste apartado quixera facer mención ás dificultades articulatorias, concretamente ás dislalias.
A intervención que facemos para correxir estas alteracións articulatorias xiran en dous ámbitos: unha intervención directa co alumnado e unha intervención cas familias, a través desa coordinación e colaboración necesaria no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos e fillas.
A intervención directa será realizada por aqueles profesionais cunha preparación axeitada para tal fin.
Indicarei a continuación unha serie de recomendacións ás familias para o día a día nos fogares. Será a mellor colaboración que poderán aportar nesta situación de estancia nos domicilios: 
  • Aceptar as dificultades articulatorias como algo transitorio.
  • Non permitir unha linguaxe “bebe”infantilizada, nin estimular este xeito de expresarse ( "petete" por "chupete").
  • Crear situacións comunicativas que propicien o desenvolvemento comunicativo do/a neno/a (leer contos, contar historias...)
  • Clima afectivo no que se establezan múltiples interaccións comunicativas no fogar.
  • Estimular os/as nenos/as cara á comunicación oral, evitar que se comuniquen por xestos, sons non axeitados...
  • Propiciar xogos que estimulan a fala.
  • Reforzar os éxitos.
  • Evitar corrixir ó neno ou á nena, pero sí enriquecer as producións completando os enunciados e nomeando as palabras axeitadamente.
  • Ter paciencia. Non alterarse.
  • Nunca angustiar ó neno ou á nena, nin imitalo/a nas súas producións , nin permitir burlas.
  • ...


*Actualmente, o Trastorno dos Sons da Fala (TSH) é a alteración máis frecuente coa que nos podemos atopar nas nosas aulas.   Anteriormente, a este trastorno coñecíaselle como “Dislalia, Trastorno da articulación ou trastorno fonolóxico”. Podemos diferenciar segundo os síntomas do TSH  alteracións fonéticas, fonolóxicas ou ambas.