O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 18 de setembro de 2020

Asociación imaxe – texto

Os exercicios nos que traballamos a asociación imaxe – texto poden ser un bo recurso para exercitar a comprensión lectora, ademais podémolo converter nun xogo se o expomos como unha serie de adiviñas na que o alumnado debe pescudar de que animal se trata e emparellalo co seu debuxo.

Introducir debuxos ou imaxes en tarefas que están destinadas a traballar a comprensión lectora facilita a súa realización e motiva ao alumnos ao desempeño destas actividades. 

Preme aquí 

 



Recurso interactivo para traballar secuencias temporais con imaxes de accións moi básicas e facilmente recoñecidas polos alumnos.
Pódese elixir o grao de dificultade, elixindo desde 2 a 8 viñetas.  

 Preme aquí para entrar