A disortografía é un trastorno que se manifesta na dificultade para escribir as palabras de maneira ortográficamente adecuada. A disortografía diferénciase da disgrafía en que os erros que a definen en ningún caso son de tipo grafomotor, aínda que o suxeito poida ter ademais unha problemática grafomotora implicada.