Aínda que non hai un acordo claro na definición do concepto de
habilidades sociais, Caballo (1986) delimita o termo como: conxunto
de condutas emitidas por un individuo nun contexto interpersoal que
expresa sentimentos, actitudes, desexos, opinións ou dereitos de
ese individuo dun modo axeitado á situación, respectando esas
condutas nos demais, e que xeralmente resolve os problemas
inmediatos da situación mentres minimiza a probabilidade de futuros
problemas.
As
dificultades que presentan as persoas con TEA nas habilidades sociais,
derivan dunhas diferencias cognitivas en diversas funcións,estas poden
flutuar nun continuo dende pequenas a grandes dificultades.
.