Sodes moit@s @s nais e pais que mostrades preocupación polos problemas articulatorios d@s vos@s fill@s. Situación por unha banda normal, pero que debemos levar con tino, xa que é a afección da fala máis frecuente na infancia, de pronóstico favorable na maioría dos casos, logo da realización dun tratamento logopédico oportuno.
Actualmente, o Trastorno dos Sons do Fala (TSH) é a alteración máis frecuente coa que nos podemos atopar nas nosas aulas. Anteriormente, a este trastorno coñecíaselle como “Dislalia, Trastorno da articulación ou trastorno fonolóxico”. Podemos diferenciar segundo os síntomas do TSH alteracións fonéticas, fonolóxicas ou ambas.
Para corrixir estes defectos do fala, @ logopeda (nos centros escolares @ mestr@ de audición e linguaxe) ensinará a posición correcta dos órganos.
Nalgúns casos só fará falta dar unhas pautas aos pais e ás nais para axudal@, noutros, con poucas sesións, poderá solucionalo e, en casos máis complicados colleremos a tempo o caso e a súa evolución será máis sinxela.
En todo caso, o traballo de estimulación na casa será un verdadeiro complemento, sempre que sexa coordinado cun profesional.