O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Trastorno dos Sons da Fala (TSH)

Sodes moit@s @s nais e pais que mostrades preocupación polos problemas articulatorios d@s vos@s fill@s. Situación por unha banda normal, pero que debemos levar con tino, xa que é a afección da fala máis frecuente na infancia, de pronóstico favorable na maioría dos casos, logo da realización dun tratamento logopédico oportuno.

Actualmente, o Trastorno dos Sons do Fala (TSH) é a alteración máis frecuente coa que nos podemos atopar nas nosas aulas.   Anteriormente, a este trastorno coñecíaselle como “Dislalia, Trastorno da articulación ou trastorno fonolóxico”. Podemos diferenciar segundo os síntomas do TSH  alteracións fonéticas, fonolóxicas ou ambas.

Para corrixir estes defectos do fala, @ logopeda (nos centros escolares @ mestr@ de audición e linguaxe) ensinará a posición correcta dos órganos.

Nalgúns casos só fará falta dar unhas pautas aos pais e ás nais para axudal@, noutros, con poucas sesións, poderá solucionalo e, en casos máis complicados colleremos a tempo o caso e a súa evolución será máis sinxela.

En todo caso, o traballo de estimulación na casa será un verdadeiro complemento, sempre que sexa coordinado cun profesional.

 

 

saposyprincesas 

 educayaprende

 21cuentos

espla.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario