Un dos problemas da fala máis comúns que nos atopamos @s docentes mestr@s de audición e linguaxe ao traballar con nenos e nenas son as dislalias (TSF). Pero de entre elas, a predominante (entre 20-30%) é a alteración do fonema /r/ múltiple ou vibrante. A este tipo de dislalia chámaselle rotacismo.
Entre os 5 e 6 anos os nenos xa din ben case todos os sons da linguaxe, algúns mesmo aprenderon a dicir as silabas trabadas, como son /tr/, /bl/, etc. Por iso aos pais sorpréndelles e preocúpalles que o seu fillo non sexa capaz de facer a /r/ vibrante.