A fluidez lectora é a chave que abre a comprensión, a motivación e o goce pola lectura. Estas estratexias axudan ao alumnado para ler con maior ritmo, entoación e seguridade.
Practicar cada día, ler en voz alta, xogar coas palabras, escoitar bos modelos de lectura, transforma o ler por obrigación a ler por pracer.
Importante ter en conta que a fluidez non se consegue dun día para outro pero con constancia e motivación, todo é posible!!
"Ler con ritmo, entoación e fluidez non se consegue con fichas, conséguese xogando!!" @laprofemercedes
Actividade 1: Lectura con cronómetro.
Dálle un texto curto e mide canto tempo tarda en lelo. Logo repite e compara: Fixéchelo máis rápido e con menos erros!
Motiva a mellorar sen presións.
Actividade 2: Lectura por quendas.
Un le unha liña e o outro a seguinte. Cambia voces, personaxes ou acentos.
Perfecto para practicar o ritmo e a expresión.
Actividade 3: A palabra prohibida.
Escolle unha palabra que non poderá dicir ao ler. Se a din deberán facer un mini penitencia divertida!
Reforza a atención e o control lector
Actividade 4: Lectura con música
Pon música e le ao ritmo. Cambia a velocidade e o ton segundo a canción.
Ideal para traballar entoación e cadencia!
Actividade 5: Eco lector
Ti les unha frase e o alumnado repítea igual que ti imitando ritmo e emoción.
Axuda a interiorizar ton, pausas e fluidez tonal.
Actividade 6: Lectura de trabalinguas
Nada mellor para rir mentres practican.
Adestran a articulación, velocidade e coordinación oral.
Actividade 7: Lectura de roles
Cada quen interpreta un personaxe dun conto. Dálle voz ao lobo, a pulgarcito, a Batman...
Así ler é actuar!
Actividade 8: Lectura con tarxetas tolas.
Escribe frases divertidas nas tarxetas ("O can ladra coa pata de atrás") O obxectivo: ler sen trabarse... aínda que non teña sentido algún!
Risas aseguradas e fluidez en progreso.
-> Engado algún xogo en liña con algunha destas actividades
