O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 29 de abril de 2026

Trastornos DIS: do grego “difícil”

O prefixo “dis” provén do grego e significa dificultade ou alteración. Utilízase para nomear distintos trastornos relacionados coa aprendizaxe e o desenvolvemento.

Que vos parece se vemos algunhas das dificultades específicas máis coñecidas?

Dislexia

Como xa temos visto, a dislexia é un trastorno específico da aprendizaxe da lectoescritura. As persoas con dislexia poden presentar dificultades para recoñecer palabras, ler con fluidez ou comprender textos escritos. Algúns sinais frecuentes:

  • Lectura lenta ou con erros.
  • Confusión de letras ou sons.
  • Problemas para comprender o lido
  • Dificultade para escribir correctamente.

Disortografía

A disortografía afecta a capacidade de escribir correctamente. Algúns sinais frecuentes:

  • Erros ortográficos persistentes.
  • Omisión ou substitución de letras.
  • Dificultade para aplicar regras ortográficas.
  • Escritura desordenada.

Disgrafía

A disgrafía afecta a habilidade da escritura. Algúns sinais frecuentes:

  • Letra pouco lexible.
  • Escritura lenta.
  • Problemas de organización espacial no papel.
  • Fatiga ao escribir.

Disfasia

La disfasia es un trastorno relacionado con la coordinación del movimiento del habla. Algunas señales frecuentes:

  • Dificultad para expresarse oralmente.
  • Problemas para comprender el lenguaje.
  • Alteraciones en la construcción de frases.
  • Retraso en el desarrollo del lenguaje.
Dispraxia

A dispraxia é un trastorno do ritmo da fala e da coordinación motriz. Algúns sinais frecuentes:
  • Problemas de coordinación.
  • Dificultade para realizar movementos precisos.
  • Torpeza #motriz.
  • Dificultades en tarefas cotiás.
Disfemia

Hai días falamos da disfemia, coñecida tamén como tartamudez, afecta a articulación e a fluidez da fala. Algúns sinais frecuentes: 
  • Repetición de sons ou palabras.
  • Bloqueos á falar.
  • Interrupcións na fluidez verbal.
  • Ansiedade ao comunicarse.
Dismnesia

A dismnesia implica dificultades específicas para lembrar información ou rutinas diarias. Algúns sinais frecuentes:
  • Esquecementos frecuentes.
  • Problemas para reter información.
  • Dificultade para seguir instrucións.
  • Problemas de memoria a curto prazo.
Dislalia

A dislalia é un trastorno na articulación de fonemas. Algúns sinais frecuentes:
  • Substitución de sons.
  • Pronuncia incorrecta de palabras.
  • Omisión de letras ou sílabas.
  • Dificultade para facerse entender.
Disartria

A disartria é unha alteración na articulación de palabras debido a problemas musculares da fala. Algúns sinais frecuentes:
  • Fala lenta ou pouco clara.
  • Dificultade para controlar músculos faciais.
  • Voz débil ou alterada.
  • Problemas de articulación.
Disglosia

A disglosia é un trastorno da fala causado por unha alteración anatómica ou física. Algúns sinais frecuentes:
  • Dificultade para pronunciar certos sons.
  • Alteracións en beizos, maxilares, dentes, lingua ou padal.
  • Problemas de articulación.
Disgnosia

A disgnosia é un trastorno relacionado coa habilidade da escritura e o recoñecemento. Algúns sinais frecuentes:
  • Dificultade para recoñecer símbolos ou estímulos.
  • Problemas para interpretar información visual.
  • Dificultades en tarefas escolares.
Importancia da detección temperá

A detección temperá destas dificultades permite ofrecer estratexias de apoio adecuadas e favorecer o desenvolvemento académico, emocional e social deste alumnado.

O acompañamento de docentes, familias e profesionais especializados é clave para potenciar as capacidades de cada neno/a e fortalecer a súa autoestima.

xoves, 16 de abril de 2026

Avaliación e intervención nos Trastornos da Fluidez

Non resulta difícil a súa identificación pois conta cunha sintomatoloxía moi característica. No caso dos trastornos da fluidez do inicia da infancia: esforzo ao longo da articulación, tensión articulatoria, bloqueos espasmódicos ou interrupcións máis ou menos bruscas.

A súa identificación require unhas cantas sesións pola duración das probas e a variabilidade duns momentos a outros.

Durante a avaliación abordaremos os seguintes aspectos:

  • Antecedentes familiares: suxeitos disfémicos, con alteracións da linguaxe, alteracións psíquicas, alteracións neurolóxicas, zurdos ou lateralidade cruzada.
  • Datos privados: desenvolvemento psicolóxico, motor e lingüístico; idade de aparición; evolución; comportamento; actitudes e condutas en relación á súa actuación verbal; conciencia e imaxe do propio problema.
  • Avaliación lingüística: identificación dos erros de fluidez (disfemia, bloqueos, repetición de sílabas, pausas, patrón fluente, disfluencias,) e identificación de fenómenos lingüísticos (abuso de sinónimos, perífrasis, expresión redundante, embolofrasis ou retrousos)
  • Avaliación da conduta motora e respiratoria: movemento de tronco, brazos, cabeza e pés; TICS; espasmos clónicos (repeticións) ou tónicos (bloqueos), rixidez, tensión muscular, ausencia de gestualidad, alteracións fonorrespitatorias.
  • Avaliación da conduta socio-emocional: mutismo ou inhibicións, lobofobia, angustia, aceptación do tatexo, rendemento escolar e motivación; ansiedade ante determinadas situacións.
  • Avaliación de síntomas vexetativos: rubor, palpitacións, enrojecimiento, sudoración e palidez.

O rexistro da fala do alumnado realizarase en distintas modalidades: expresión libre, fala cuchicheada, fala en sombra (reproduce en voz alta o discurso do examinador case simultaneamente), fala enmascarada (aplícase nos oídos do neno un  ruído que enxordece a audición da súa fala); fala rítmica (metrónomo).

O procedemento realizarase por: imitación provocada, linguaxe conversacional, espontáneo, dirixido e lectura.

As necesidades educativas do alumnodo con trastornos da fluidez serían:

    • Relaxación muscular segmentaria dos músculos articulatorios.

    • Coordinar a respiración.

    • Redución da ansiedade social.

    • Endentecer e vocalizar a emisión de palabras.

    • Estimular o desenvolvemento psicolingüístico en xeral (vocabulario, morfosintasis,…).


A intervención farase desde unha visión pluridimensional de métodos e procedementos didácticos. A disfemia é un trastorno onde as recaídas son probables e a eficacia da intervención é incerta. A intervención logopédica deberá abarcar ao alumnado disfémico e ao ambiente. A regra principal que debería seguirse é: “enlentecer a fala e articular rítmicamente frases curtas e sinxelas”.

Os aspectos para considerar serán:

  • Intervención da hipertonía: exercicios de relaxación corporal (global e segmentariamente) incidindo nos músculos do pescozo e a cara.
  • Intervención da respiración e da voz: A forma e tipo de respiración inflúen na emisión dos fonemas, no ritmo da frase e no ton e calidade da vocalización.
  • Intervención dos aspectos prosódicos da linguaxe: (pausas, acentuación, entoación). Calquera frase pronunciada sen ter en conta os elementos anteriores resulta inintelixible para o oínte. 

Os obxectivos da intervención serían:

  • Reducir o tatexo mediante técnicas auxiliares.
  • Descondicionar a ansiedade e a fala dos factores externos que provocan habitualmente tatexo.
  • Modificar as actitudes e conduta verbal-social do disfémico/a.
  • Manter e estender a fala fluída en situacións verbais cada vez máis comprometidas.

Algunhas técnicas e procedementos máis usuais son:
Emprego de xestos acompañado á fala: modifican a actitude corporal, a monotonía da voz e a atención sobre a propia fala.
  • Técnica do sopro: habituar ao alumnado para botar alento antes de iniciar a emisión vocal. Esta comezará sen interromper a corrente de aire que pon en actividade suavemente as cordas vogais, eliminando o bloqueo inicial da expresión. Esta técnica é resulta difícil en situacións sociais de presión ou en momentos en que facilmente se esquece poñela en práctica.
  • Fala rítmica: Aprendizaxe dun patrón rítmico aplicado á fala proporciona un mantemento do ritmo e, por tanto, maior fluidez. Utilízase o metrónomo para a aprendizaxe desta técnica, adecuando a velocidade a cada caso, que vai sendo substituído por un metrónomo imaxinario, marcando o ritmo co dedo, co pé e, finalmente, interiorizando a acción rítmica estruturada sen que sexa perceptible para os demais.
  • Audición retardada: mediante un aparello que atrasa a audición da propia fala aos oídos do neno ou da nena. Nalgúns casos, pode reducirse notablemente a taxa do tatexo sen que o/a disfémico/a faga o menor esforzo. A aprendizaxe baséase en habituarse a un patrón de fala máis lento e á prolongación das unidades fónicas. 
  • Enmascaramiento” ou encubrimento da fala: Enviar ruído aos oídos do/a disfémico/a mentres fala, de modo que enmascare a súa voz por completo e non a escoite. Débese manter un volume de voz normal, deixando de prestar atención á súa fala, co que mantén a vía propioceptiva como fonte máis importante da coordinación da fala e o tatexo diminúe. Vaise reducindo progresivamente a intensidade do ruído aplicado aos oídos.
  • Retroalimentación auditiva demorada (RDA) = enmascaramiento
  • Fala en sombra: O alumno ou a a alumna vai reproducindo case simultaneamente o que o/a mestre/a di. Posteriormente invírtese a orde. Mediante este procedemento, o/a mestre/a vai ofrecendo un modelo de expresión modulada, elevada e fluída.
  • Práctica negativa: Instrúese ao alumanado con disfemia para que deliberadamente cometa os fallos propios do seu tatexo á falar. A imitación do propio tatexo ha de ser exacto, no aspecto fonético, na reprodución dos tics e outros sons incluíndo a tensión propia da tensión comunicativa. Esta práctica está baseada no concepto de “inhibición condicionada”. 
Existen unha serie de aparellos ou medios técnicos que se usan na intervención da disfemia:
  • Audible Master: falar a través do micrófono producíndose nos auriculares o nivel de ruído previamente programado.
  • Eco-corrector: é un aparello que emite un eco artificial da palabra pronunciada. Por tanto, hai un enmascaramiento continua da fala do alumno ou da alumna. Consiste en enviar ruído aos oídos do/a neno/a mentras fala de forma que enmascare a súa voz por completo e non a escoite.
  • DAF: Mediante o aparello reciben o eco da súa voz cun lixeiro atraso.
  • Metrónomo: Serve para a aprendizaxe dun patrón rítmico aplicado á fala.

Moi importante!! É conveniente instruír ás familias para que fomenten as condutas de fluidez dos seus fillos e fillas, prestando atención ao contido das súas conversacións e non a como o di. 

As instrucións básicas que deben seguir as familas son:
  • Non reaccionar mal ante o neno ou a nena que tatexa, non manifestar ningún signo (verbal ou non verbal), de impaciencia ou ansiedade.
  • Nunca lle farán repetir unha palabra ou frase, nin tampouco dicirlle que fale tranquilo/a ou amodo.
  • Non se lle rifará, censurará, criticará, nin ridiculizará.
  • Debe evitarse ao neno ou a nena todo tipo de tensións.
  • Darlle conversación e animalo/a a falar en situacións de non tensión.
  • “Ler” contos xunto co/a neno/a, conversar con el/ela de cousas que lle interesen, facéndoo de forma clara, sinxela e amodo.
  • Procurar que estea relaxado/a e contento.

mércores, 15 de abril de 2026

ALTERACIÓNS DA FLUIDEZ VERBAL

A disfemia (comunmente coñecida como tartamudez) aparece no DSM-5 co nome de Trastorno da fluidez de inicio na infancia, sendo un trastorno que afecta o proceso comunicativo e que se caracteriza por interrupcións involuntarios na fluidez da fala ocasionada por continuas repeticións e espasmos.

A súa sintomatoloxía é:

  • Alteracións orgánicas: tensión muscular, baixa taxa respiratoria, excesiva presión labial, lingual ou velar.
  • Alteracións cognitivas e afectivas: atribucións negativas, logofobia (medo e ansiedade á falar), balbismo (movementos parasitos ou tics).
  • Alteracións lingüísticas: abuso de sinónimos, repeticións de sílabas e sons, bloqueos, circunloquios, saltos sintácticos e frases inacabadas...
  • Alteracións vexetativas: taquicardias e sudoración.

Segundo o momento de aparición podemos distinguir:

  • Tartamudez inicial (<3): titubeos propios de quen aprende a falar
  • Tartamudez de desenvolvemento (3-5): continuación e intensificación da tartamudez inicial. Só en 1 de cada 5 casos desenvolve unha disfemia.
  • Disfemia primaria (>5-6): contan cun patrón deficiente aínda que con trazos pouco marcados e co compoñente emocional aínda é baixo. É o momento óptimo para intervir.
  • Disfemia secundaria (adolescentes e adultos): procede da primaria. 

As causas que explican a maioría das disfemias son: erro de retroalimentación, ansiedade, falta de coordinación, xenética, trastornos de lateralidade, psicolingüísticas, traumáticas.

A clasificación máis frecuente é:

    • Disfemia tónica: bloqueos ou espasmos.

    • Disfemia clónica: repetición de sílabas ou palabras.

    • Disfemia tónico-clónica ou mixtas: ambas as dúas.

Pertence á categoría dos Trastornos da comunicación dentro do DSM-5, xunto a:

  • Trastorno do linguaxe
  • Trastorno fonolóxico
  • Trastorno da comunicación social

Importante dicir, que no DSM-5, o trastorno da fluidez de inicio na infancia (disfemia) está incluído dentro do Trastornos do neurodesenvolvemento.

Preguntámonos por que se considera do neurodesenvolvemento? Porque cumpre características clave deste grupo:
  • Inicio temperán: aparece na infancia, durante o desenvolvemento do linguaxe.
  • Base neurobiológica: hai evidencia de diferenzas en redes cerebrais da fala (ritmo, coordinación motora, procesamiento lingüístico).
  • Curso evolutivo: pode mellorar, persistir ou cambiar co tempo.
  • Impacto funcional: afecta a comunicación e a adaptación social.
Que ocorre a nivel do cerebro? Non hai unha soa causa, pero atopáronse:
  • Alteracións na coordinación entre áreas da linguaxe e motoras.
  • Diferenzas na lateralización cerebral (hemisferio esquerdo/dereito).
  • Factores xenéticos (maior probabilidade en familias con antecedentes).
Aínda que é un trastorno do neurodesenvolvemento, como ben dixemos anteriormente:
  • Non implica discapacidade intelectual.
  • A intelixencia adoita ser completamente normal.
  • O problema está na fluidez da fala, non no contido do pensamento.
En resumo:

✔ Si, a disfemia forma parte dos trastornos do neurodesenvolvemento.
✔ Está relacionada con como se desenvolve o sistema nervioso implicado na linguaxe oral.
✔ Ten unha base biolóxica, pero tamén inflúen factores emocionais e ambientais.