Non resulta difícil a súa identificación pois conta cunha sintomatoloxía moi característica. No caso dos trastornos da fluidez do inicia da infancia: esforzo ao longo da articulación, tensión articulatoria, bloqueos espasmódicos ou interrupcións máis ou menos bruscas.
A súa identificación require unhas cantas sesións pola duración das probas e a variabilidade duns momentos a outros.
Durante a avaliación abordaremos os seguintes aspectos:
- Antecedentes familiares: suxeitos disfémicos, con alteracións da linguaxe, alteracións psíquicas, alteracións neurolóxicas, zurdos ou lateralidade cruzada.
- Datos privados: desenvolvemento psicolóxico, motor e lingüístico; idade de aparición; evolución; comportamento; actitudes e condutas en relación á súa actuación verbal; conciencia e imaxe do propio problema.
- Avaliación lingüística: identificación dos erros de fluidez (disfemia, bloqueos, repetición de sílabas, pausas, patrón fluente, disfluencias,) e identificación de fenómenos lingüísticos (abuso de sinónimos, perífrasis, expresión redundante, embolofrasis ou retrousos)
- Avaliación da conduta motora e respiratoria: movemento de tronco, brazos, cabeza e pés; TICS; espasmos clónicos (repeticións) ou tónicos (bloqueos), rixidez, tensión muscular, ausencia de gestualidad, alteracións fonorrespitatorias.
- Avaliación da conduta socio-emocional: mutismo ou inhibicións, lobofobia, angustia, aceptación do tatexo, rendemento escolar e motivación; ansiedade ante determinadas situacións.
- Avaliación de síntomas vexetativos: rubor, palpitacións, enrojecimiento, sudoración e palidez.
O rexistro da fala do alumnado realizarase en distintas modalidades: expresión libre, fala cuchicheada, fala en sombra (reproduce en voz alta o discurso do examinador case simultaneamente), fala enmascarada (aplícase nos oídos do neno un ruído que enxordece a audición da súa fala); fala rítmica (metrónomo).
O procedemento realizarase por: imitación provocada, linguaxe conversacional, espontáneo, dirixido e lectura.
As necesidades educativas do alumnodo con trastornos da fluidez serían:
• Relaxación muscular segmentaria dos músculos articulatorios.
• Coordinar a respiración.
• Redución da ansiedade social.
• Endentecer e vocalizar a emisión de palabras.
• Estimular o desenvolvemento psicolingüístico en xeral (vocabulario, morfosintasis,…).
A intervención farase desde unha visión pluridimensional de métodos e procedementos didácticos. A disfemia é un trastorno onde as recaídas son probables e a eficacia da intervención é incerta. A intervención logopédica deberá abarcar ao alumnado disfémico e ao ambiente. A regra principal que debería seguirse é: “enlentecer a fala e articular rítmicamente frases curtas e sinxelas”.
Os aspectos para considerar serán:
- Intervención da hipertonía: exercicios de relaxación corporal (global e segmentariamente) incidindo nos músculos do pescozo e a cara.
- Intervención da respiración e da voz: A forma e tipo de respiración inflúen na emisión dos fonemas, no ritmo da frase e no ton e calidade da vocalización.
- Intervención dos aspectos prosódicos da linguaxe: (pausas, acentuación, entoación). Calquera frase pronunciada sen ter en conta os elementos anteriores resulta inintelixible para o oínte.
Os obxectivos da intervención serían:
- Reducir o tatexo mediante técnicas auxiliares.
- Descondicionar a ansiedade e a fala dos factores externos que provocan habitualmente tatexo.
- Modificar as actitudes e conduta verbal-social do disfémico/a.
- Manter e estender a fala fluída en situacións verbais cada vez máis comprometidas.
- Técnica do sopro: habituar ao alumnado para botar alento antes de iniciar a emisión vocal. Esta comezará sen interromper a corrente de aire que pon en actividade suavemente as cordas vogais, eliminando o bloqueo inicial da expresión. Esta técnica é resulta difícil en situacións sociais de presión ou en momentos en que facilmente se esquece poñela en práctica.
- Fala rítmica: Aprendizaxe dun patrón rítmico aplicado á fala proporciona un mantemento do ritmo e, por tanto, maior fluidez. Utilízase o metrónomo para a aprendizaxe desta técnica, adecuando a velocidade a cada caso, que vai sendo substituído por un metrónomo imaxinario, marcando o ritmo co dedo, co pé e, finalmente, interiorizando a acción rítmica estruturada sen que sexa perceptible para os demais.
- Audición retardada: mediante un aparello que atrasa a audición da propia fala aos oídos do neno ou da nena. Nalgúns casos, pode reducirse notablemente a taxa do tatexo sen que o/a disfémico/a faga o menor esforzo. A aprendizaxe baséase en habituarse a un patrón de fala máis lento e á prolongación das unidades fónicas.
- “Enmascaramiento” ou encubrimento da fala: Enviar ruído aos oídos do/a disfémico/a mentres fala, de modo que enmascare a súa voz por completo e non a escoite. Débese manter un volume de voz normal, deixando de prestar atención á súa fala, co que mantén a vía propioceptiva como fonte máis importante da coordinación da fala e o tatexo diminúe. Vaise reducindo progresivamente a intensidade do ruído aplicado aos oídos.
- Retroalimentación auditiva demorada (RDA) = enmascaramiento
- Fala en sombra: O alumno ou a a alumna vai reproducindo case simultaneamente o que o/a mestre/a di. Posteriormente invírtese a orde. Mediante este procedemento, o/a mestre/a vai ofrecendo un modelo de expresión modulada, elevada e fluída.
- Práctica negativa: Instrúese ao alumanado con disfemia para que deliberadamente cometa os fallos propios do seu tatexo á falar. A imitación do propio tatexo ha de ser exacto, no aspecto fonético, na reprodución dos tics e outros sons incluíndo a tensión propia da tensión comunicativa. Esta práctica está baseada no concepto de “inhibición condicionada”.
- Audible Master: falar a través do micrófono producíndose nos auriculares o nivel de ruído previamente programado.
- Eco-corrector: é un aparello que emite un eco artificial da palabra pronunciada. Por tanto, hai un enmascaramiento continua da fala do alumno ou da alumna. Consiste en enviar ruído aos oídos do/a neno/a mentras fala de forma que enmascare a súa voz por completo e non a escoite.
- DAF: Mediante o aparello reciben o eco da súa voz cun lixeiro atraso.
- Metrónomo: Serve para a aprendizaxe dun patrón rítmico aplicado á fala.
- Non reaccionar mal ante o neno ou a nena que tatexa, non manifestar ningún signo (verbal ou non verbal), de impaciencia ou ansiedade.
- Nunca lle farán repetir unha palabra ou frase, nin tampouco dicirlle que fale tranquilo/a ou amodo.
- Non se lle rifará, censurará, criticará, nin ridiculizará.
- Debe evitarse ao neno ou a nena todo tipo de tensións.
- Darlle conversación e animalo/a a falar en situacións de non tensión.
- “Ler” contos xunto co/a neno/a, conversar con el/ela de cousas que lle interesen, facéndoo de forma clara, sinxela e amodo.
- Procurar que estea relaxado/a e contento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario