Compártovos hoxe, en primeiro lugar, lecturas comprensivas verdade-mentira. Nesta actividade o alumnado terá que ver observar a imaxe e decidir se a oración é verdadeira ou falsa. Subliñaranse as oracións verdadeiras.
Non importa tanto nesta tarefa se realmente é certo ou non, senón a análise da oración, a comprensión dela e a xustificación que o alumno ou a alumna poidan dar á súa decisión.
Seguidamente, imos traballar a inferencia na lectura, que é unha estratexia fundamental no proceso da interpretación. A "inferencia" pode considerarse como a estratexia principal, a auténtica clave da lectura. Toda lectura, ata a máis “inxenua”, fai uso da inferencia.
Trátase dun proceso natural que serve para deducir a información implícita dun texto. Para operar con inferencias, é vital que o lector estableza esquemas de interpretación e conte con información suficiente.
Preme aquí para descargar actividades de inferencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario