O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 12 de novembro de 2026

Dificultades na discriminación auditiva

As dificultades na discriminación auditiva dos sons como consecuencia dunha mala articulación convértense nun aspecto importante no desenvolvemento da linguaxe e, especialmente, na adquisición e consolidación do sistema fonolóxico.

Diferenciemos estes dous termos:

1. Dificultades articulatorias: afectan á produción correcta de determinados fonemas. Por exemplo, no sigmatismo, o neno ou a nena presenta unha alteración na articulación do son /s/.

2. Dificultades de discriminación auditiva: afectan á capacidade para percibir e diferenciar dous sons fonológicamente distintos.

Deste xeito imos ver a relación entre articulación e discriminación auditiva:

Cando un neno ou nene presenta unha determinada alteración na articulación,  pode existir unha relación entre a representación auditiva que ten dun fonema e a forma en que o vai a  producir oralmente.

Por exemplo, no alumnado con sigmatismo (dificultades na artulación do fonema /s/)

  • Pode producir o fonema /s/ de xeito distorsionado.
  • Poden darse dificultades para identificar se a súa produción oral é correcta ou incorrecta.
  • No recoñece con facilidade a diferenza entre a súa propia produción e o modelo articulatorio axeitado.
  • Pode presentar dificultades para discriminar auditivamente o son correcto fronte a outros sons próximos.

Deste xeito, é importante sinalar que unha mala articulación non conleva necesariamente unha dificultade de discriminación auditiva. Un neno ou unha nena pode percibir e diferenciar correctamente os sons, aínda que non sexa quen de producilos correctamente debido a dificultades motoras ou articulatorias.