Un dos temas que máis controversia xeran cando intervimos no fala é o dos "movementos orofaciales e laríngeos non verbais" (MOL-NV), máis coñecidos como "praxias". O seu uso estendeuse durante décadas sen ser cuestionado. Actualmente contamos cunha bibliografía máis que suficiente como para empezar a expornos se estamos a intervir correctamente ao introducir as praxias dentro dos exercicios que expomos nas nosas sesións.
As investigacións actuais demostran que non existe relación entre uso de praxias e fala, polo que non se recomenda continuar empregando todas estas variables na nosa práctica profesional xa que estas funcións motoras non gardan relación coa aprendizaxe do fala.
No seu lugar, é importantísimo compartir a idea de que o factor máis importante na adquisición e desenvolvemento do fala é o estímulo auditivo, e a mellor estratexia é a interacción profesional-paciente, para axudar ás persoas coas que traballamos a percibir as particularidades do fala e comecen a tentar reproducilas.
Obviamente, para que isto ocorra @ nen@ co que traballemos debe ter unha adecuada capacidade auditiva, de memoria e cognitva-lingüística, así como madurez neuromuscular e neurosensorial.
Hai décadas críase que as praxiass eran boas, e hoxe demóstrase que non. Quizais mañá novas investigacións as empoderen de novo, e entón haberá que retomalas.
Dito isto, nos consideremos que as praxias son un complemento para mellorar a movilidade orofacial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario