O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 18 de maio de 2021

DICTAPICTO

A maioría das persoas con autismo fan uso dun sistema de comunicación baseado en  pictogramas, tanto para comprender a contorna á súa ao redor, como para estruturar espazo ou o seu tempo a través de paneis ou dunha axenda de actividades, e tamén para comunicarse cos demais, sinalándoos para pedir algo.

Consciente desta necesidade, a Fundación Orange desenvolveu  DictaPicto, unha  app que permite pasar unha mensaxe de voz ou escrito a imaxes de forma inmediata.

Pensada para axudar ás persoas con autismo ou a aquelas que usan sistemas  pictográficos para mellorar a súa comunicación, o seu obxectivo é mellorar o acceso á información e facilitar a comprensión da contorna con independencia de que as persoas que rodean á persoa con  TEA coñezan estes sistemas de comunicación  aumentativos e alternativos.

A tradución de voz a  pictogramas prodúcese de forma automática a partir dunha frase falada do usuario; converténdoa inicialmente en texto e, de aí, nos  pictogramas/imaxes que representan as palabras.

Fundación_Orange

Ningún comentario:

Publicar un comentario